PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
FEIRA AUTOMOVILÍSTICA
Entre o 12 ao 14 de abril, ten lugar no recinto ferial de Expourense, o VI Car Outlet Ourense que ofrecerá as mellores oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man con todas as garantías que brindan os concesionarios oficiais. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, Acauto, que reunirá a un total de 24 marcas representadas a través de 15 concesionarios asociados.
Trátase dunha cita vencellada a un dos sectores comerciais de maior peso na nosa contorna, o da automoción, no que se reunirán máis de 400 coches con ofertas moi especiais. O obxectivo desta cita é cubrir todas as gamas e modelos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos clientes ao mellor prezo. O público poderá consultar nun mesmo espazo distintas opcións de coches de oportunidade no mercado ourensán, e comparar in situ antes de decidir a compra.
O VI Car Outlet de Ourense presenta a mellor oferta en Galicia en vehículos de ocasión, seminovos, xerencia e kilómetro cero que contan con inmellorables condicións, xa non só no prezo, senón tamén de financiamento, seguros ou outros servizos engadidos, e, por suposto, coa garantía e solvencia que ofrecen os concesionarios oficiais. Ademais, este tipo de vehículos véndense con entrega inmediata.
Este evento ofrece ata 400 vehículos que representan os catro eixos do mercado de ocasión: os kilómetro cero (novos que se venden así por obxectivos comerciais que indica o fabricante); vehículos de servizo (demostración ou cortesía) con antigüidade de ata 1 ano e con 15.000 kilómetros de media; seminovos (ata 5 anos de froito de renting empresarial ou operacións financeiras con garantía de recompra); e o de ocasión (que foi empregado por un particular e entregado no concesionario a cambio doutro).
O 2023 concluíu como un ano máis positivo que o 2022 para a automoción ourensá. En todo o ano pasado comercializáronse na provincia 14.846 turismos, un 2% máis que os 14.538 do 2022. Isto débese, principalmente, ao subidón experimentado polos vehículos novos, cuxas vendas se incrementaron preto dun 16% en Ourense no último ano. Neste apartado, o mercado automobilístico ourensán expandiuse por encima da media autonómica (creceu un 9,7%), aínda que por baixo da estatal (16,7%).
O aumento das matriculacións viuse esporeado polo cada vez maior peso das compras de vehículos con combustibles diferentes ao gasóleo ou a gasolina. No ano no que se acaba de pechar representaron case un 48% das novas inscricións, seguidos polos de motor a gasolina (40%) e, moito máis lonxe, os de motor a diésel (12%).
O horario de apertura do salón será hoxe 12 de abril de 11,00 a 20,30 horas, o sábado 13 de 10,00 a 20,30 h. e o domingo 14 de abril de 11,00 a 20,00 horas. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Para facilitar a elección do vehículo, o salón conta con servizo de ludoteca gratuíto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy jueves, 12 de noviembre
TESTIMONIO DEL VIGILANTE
A juicio por robar un lápiz de ojos de 3,5 euros en un supermercado de Ourense