O actual alcalde volta a se-lo candidato do BNG cunha lista renovada

Francisco García propón máis emprego en Allariz

Guillerme Vázquez, Francisco García, Cristina Álvarez, Alfredo Suárez Canal y Anxo Quitana. (Foto: MIGUEL ANGEL)
O salón de actos do AC Hotel de Allariz acolleu na tarde de onte a presentación da candidatura do Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais do vindeiro 22 de maio, e que volta encabezar o actual alcalde, Francisco García. O acto, ó que acudiron moitas ducias de veciños, asistirno, entre outros, o voceiro nacional desta formación política, Guillerme Vázquez e os parlamentartios Anxo Quintana e Alfredo Suárez Canal.
Francisco García subliñou que 'para a cita de maio levamos unha candidatura que non é máis que un reflexo dun proxecto de goberno municipal, un equipo de xestores no que se mixtura a experiencia con novas incorporacións de cara un novo periodo de catro anos'. O candidato asegurou que do mandato iniciado en 2007 'só cabe facer unha valoración positiva, xa que conquerimos que tódolos servicios básicos dos núcleos estén cubertos ó 100%; construimos unha estación potabilizadora con 3,5 millóns de euros de investimento e iniciamos a terceira fase do polígono industrial de Chorente'.


AMPLIACIÓN

O rexedor de Allariz adiantou que 'o programa para a nova andaina vai xirar sobre dous eixos, que son a dinamización económica co aproveitamento dos nosos recursos e a creación de emprego; ademais do apoio ó comercio local, o impulso do Festival Internacional de Xardíns, e a ampliación dos centros educativos polo incremento da poboación que rexistramos'. Francisco García engadiu que 'para conquerir estes obxectivos fai falla o respaldo amplio da masa social do municipio, que sodes todos vós'.

Pola súa banda, Guillerme Vázquez asegurou que só o BNG ten un proxecto alternativo ás políticas da dereita, 'capaz de frear ó PP nos concellos, xa que cada día sintonizamos con máis sociedade galega, que ten claro que nin PP nin PSOE teñen nada que ofrecerlle á nosa nación'. O dirixente nacionalista criticou as 'políticas de dereitas' dos socialistas no Goberno central, 'porque ademais de ser inxustas son tamén antieconómicas e contraproducentes para saír da crise'. Vázquez apostou pola democracia participativa, pois 'ou pomos as institucións ao servizo dos cidadáns e dos seus intereses ou non sairemos desta'.

Te puede interesar