A Fundación Carlos Velo asume a dirección do OUFF

photo_camera Esta mañana tuvo lugar la presentación de los carteles del Festival de Cine Internacional de Ourense. Asistieron Carmen Leyte, presidenta de la Fundación Carlos Velo; Miguel Anxo Fernández, director artístico del OUFF, y Aurelio Gómez, director técnico del OUFF
A Deputación de Ourense mantén o seu apoio nunha edición que conta cun cartel de David Rubín

A Fundación Carlos Velo asumiu a dirección do Festival de Cine de Ourense (OUFF) para a edición deste ano que se celebrará entre o 24 de setembro e o 2 de outubro. A fundación adicada ó cineasta do mesmo nome, a única en Galicia, dirixirá o certame en solitario; non obstante contará co apoio da Deputación de Ourense, que ata o ano pasado formaba parte do equipo organizador. A presidenta da fundación, Carme Leyte, o director artístico do OUFF, Miguel Anxo Fernández, e o director técnico do festival Aurelio Gómez realizaron estes anuncios na presentación dos carteis celebrada onte no Centro Cultural “Marcos Valcálcer”; a imaxe principal deste ano está deseñada por David Rubín.

O cartel principal da edición, do cal donaránse 50 exemplares asinados por Rubín, evoca o mundo do cine nunha colorida composición: situados na entrada á Praza Maior, lugar emblemático para o artista, actores, actrices e un equipo de rodaxe atópanse rodeados por elementos fantásticos como esqueletos e seres mitolóxicos mentras filman sobre o cauce dun río. 

Carmen Leyte calificou o cartel como “unha gran representación do festival, é impresionante”. Afirmou que David Rubín “prestouse con ledicia a facelo”. Alabou tamén o traballo de Tania Sueiro no cartel de Fas Muvis e de Nuria Grandío no da sección de curtas. Recalcou que traballan dende o comezo do ano no festival  e que “só queda o acelerón final”.

Miguel Anxo Fernández lembrou como nos anos 70 os autores de Ourense facían as imaxes do Cineclube Padre Feijoo. “Quixemos recuperar esta tradición e seguimos con ela dende 1999; este ano é de David Rubín, artista punteiro no mundo do cómic” comentou o director artístico do OUFF. Amosouse orgulloso de que o festival ofreza a posibilidade de lucirse a xente nova como Sueiro e Grandío, destacando tamén que a sección de curtas está dirixida ós xóvenes artistas.

Aurelio Gómez rememorou como a fundación nomeada polo cineasta ourensán está presente dende o inicio do festival. Asegurou que se trata dun “paso adiante, que marcará unha diferenza clara nesta edición”. O director técnico do OUFF espera que este modelo se consolide de cara a futuras edicións, e considera xustificado o cambio. 

Te puede interesar