SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
Entrevista
O cociñeiro Gerson Iglesias é o novo presidente de Cociña Ourense, un cargo ao que chega repleto de ilusión e con gañas de que a gastronomía local acade o recoñecemento que merece. Para elo aportará a súa experiencia e creatividade, a mesma que pon nos seus platos cada día no seu restaurante, Erva, ubicado no Hotel Oca de Allariz.
Qué obxectivos se pon para esta nova etapa?
Para o futuro queremos seguir a liña pola que se decantou a asociación, que é buscar que a nosa provincia teña un recoñecemento maior a nivel enogastronómico, tanto vinícola coma gastronómico. Que a provincia teña un maior nome, máis recoñecemento e máis presenza a nivel galego.
En que momento se atopa a cociña provincial?
Na súa maioría é un pouco de corte tradicional, pero aquí estamos nós e queremos dar un golpe na mesa e facer ruído, para que se saiba que en Ourense tamén se fai unha cociña diferente, atractiva, e que ten en conta o producto propio da nosa provincia, para darlle tamén voz a pequenos produtores.
Que ten a nosa gastronomía que non teña outra?
A nivel de produto, un clave que hai en outros sitios pero que aquí históricamente sempre tivo un uso moi espallado en toda a sociedade, como é a castaña, que en tempos foi un produto clave na nosa provincia, moi común e que quitou moita fame en moitas casas, a min é algo que me encanta. Creo que tamén e sabido que a nivel hortícola hai grandísimos produtos, así como ocorre co gando, e por suposto os viños e as nosas catros Denominacións de Orixe.
A nova cociña debe integrar ou desprazar ás tradicións?
O ideal é a integración. A tradición é a base de todas as cociñas, pero non é o único elemento, hai que saber adaptarse.
Que papel pode xogar a gastronomía neste proceso?
O turismo sempre axuda. Moita xente non sabe moi ben ó que ven, pero que descubra que enogastronómicamente chegan a unha provincia moi rica, e sobre todo agora que estamos unidos coa meseta polo AVE. Quizáis veña xente máis esixente que nos faga a nós intentar non repetirnos e loitar cada día por facelo un pouco mellor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SUBEN LOS PRECIOS
La vida en Ourense es un 25% más cara ahora que hace cinco años
BAJÓN EN EL COMERCIO EXTERIOR
El caos arancelario de Trump le cuesta seis millones al comercio ourensano en exportaciones
Lo último
ESTRATEXIA GALICIA RETORNA
Case 50.000 persoas volveron á comunidade en seis anos
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este jueves, 5 de marzo
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 5 de marzo