Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

JESÚS VÁZQUEZ ABAD: 'En cultura teremos que facer máis con bastante menos, a eficiencia será clave'

Jesús Vázquez Abad, nunha recente entrevista en Telemiño (Foto: MARTIÑO PINAL)
Jesús Vázquez Abad acaba de incorporar Cultura á súa tarefa de Educación, unha nova responsabilidade na que xa anuncia compromisos, particularmente coa súa terra ourensá, en forma de inversións plurianuais, algunhas certamente discretas, para a Catedral de Ourense, o centro de interpretación castrexo de San Amaro ou o mosteiro de Oseira.
Cales son os seus obxectivos prioritarios na nova responsabilidade que ven de adquirir?
Potenciar o patrimonio material e inmaterial galego que temos en Galicia e levalo a onde hai galegos. Pense que temos unha lingua propia que hai que salvagardar e vivimos nunha rexión rica, incluso nunca provincia como a de Ourense, tamén moi rica, que debemos protexer.

Ben, eu aposto pola cultura e pola educación. Teremos que facer un maior esforzo por parte de todos, precisamente porque, como di, estamos inmersos nunha profunda crise. Pero aínda así hai intervencións que non poden esperar e que temos que priorizar.

Os presupostos de Cultura están comprometidos coa situación que nos toca vivir. Pero teremos que facer máis con bastante menos se reorganizamos e concretamos intervencións, como estamos a facer. Neste punto a eficiencia será unha das claves, das máximas da xestión que estou a facer. Hai marxe pese á reducción e á contención pola crise.

Aínda non coñezo de cerca o proxecto pero a miña actitude é a de colaboración absoluta co Concello de Ourense para sacar adiante este asunto. Todo ese entorno é un Ben de Interese Cultural que nos interesa protexer e promover a todos e por eso será para mín un obxectivo de máxima prioridade.

Aí si podo ser preciso. Hai un plan cuatrienal ata 2015 que prevé unha inversión global de 460.000 euros, pero entre este ano e 2013, xa contemplamos fondos para reparar a cuberta da nave central e a cabeceira, e encargaremos un estudo do Pórtico do Paraíso coa finalidade, xa o vindeiro ano, de efectuar as primeiras intervencións. Tamén entre 2013 e 2014 prevemos intervir, neste mesmo templo, na capela de San Xoán e no patio anexo do Museo Catedralicio.

Contempla outras inversións na provincia?
Imos adxudicar en breve as obras do claustro do Mosteiro de Oseira, e licitar a cuberta do de Melón, así como rematar as do castelo de O Bolo; e estamos a piques de executar a restauración da torre do reloxio en Celanova. Todo esto suma inversións por valor de 736.000 euros. E quero anunciar o meu interese por potenciar o centro de interpretación do mundo castrexo en San Amaro, que queremos inaugurar a comezos de 2013. Xunto a esto, temos na axenda unha ampla programación cultural, con 41 espectáculos cofinanciados polo Agadic e os concellos. E lembre que este ano a Consellería patrocinará o V Festival Internacional Pórtico do Paraíso.

Estamos pendentes do plan estratéxico e traballamos nese asunto. Hai compromisos do anterior conselleiro que manteremos e centraremos as nosas accións en rentabilizar os recursos existentes.

Te puede interesar