MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
Manuel Reigosa, actual reitor da UVigo, é o único candidato ás eleccións á reitoría que se celebran o próximo 4 de maio. De ser elixido, afrontaría outros catro anos á fronte da institución académica. Polo de agora, só se coñece que liderará a lista H2040, sin que se coñezan as súas apostas de equipo de goberno nin a existencia de rivais. Na súa visita ao Campus de Ourense, onte, confirmou que haberá cambios que afecten ao Campus de Ourense, cuxa actual vicerreitora é Esther de Blas.
A súa é a única candidatura á reitoría. Que cambios se presentan?
Estou con moita ilusión, o balance destes catro anos é positivo. Imos darlle un pulo moito maior ao que xa ten ao Campus de Ourense, probablemente vai ser o campus dos que máis medre da UVigo. Ourense será o campus chamado a medrar. Estamos enormemente ilusionados coa candidatura, aínda non teño preparado o equipo e o programa, pero haberá novidades nas liñas básicas.
Xa ten algún rival?
Non sei nada, pero espero que si. Paréceme moi bo que haxa outro punto de vista e ver que podemos facer. Polo de agora non coñezo quen vai ser o meu ou a miña rival, pero espero que o haxa.
Como vai medrar o Campus de Ourense?
Estamos inmersos co grao e o mestrado de Intelixencia Artificial, así como a nova aposta de Relacións Internacionais. Esperamos tamén que haxa algún mestrado máis para Ourense. Igualmente, esperamos que haxa unha valoración positiva da acreditación do Campus Auga, xa está toda a documentación preparada e todo presentado pola nosa parte. Queda saber que din os avaliadores, pero o Campus Auga será un sinal de identidade do Campus de Ourense.
No Campus Auga hai un cento de investigadores traballando. Hai certa preocupación por como lles afecta a nova reforma laboral…
Efectivamente. Nalgunhas cuestións xa estamos arranxando, pero noutros casos temos que buscar solucións aínda para os investigadores. Precisamos dalgunhas aclaracións do Ministerio de Universidades, pero a vicerreitoría nosa xa está barallando opcións para estes científicos.
Sobre todo para que non queden na rúa estes investigadores, non?
Claro.
Non ten o equipo formado, pero barallará nomes para as vicerreitorías, como a do Campus de Ourense… Incluso a reelección de Esther de Blas?
Estou enormemente satisfeito e agradecido co meu equipo, pero o que pasa é que para a seguinte presentación haberá que ter algunhas novidades. Aínda non podo adiantar nada, pero haberá certos cambios.
Haberá cambios, entón, en Ourense?
Si, haberá cambios. Sempre ten que haber.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MOVILIDAD VERANO
Un coche todo el verano por 16.32 euros, entregado en tu puerta
CONATO EXTINGUIDO
Vídeo | Se desata un incendio forestal en una cantera de Untes
Lo último
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña
SE ENCARECIÓ 77 PUNTOS
El Banco de España confirma el cierre del euríbor en el mes de julio en el 2,855%