Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
Roberto Fernández Álvarez (Ourense, 1967), médico de Atención Primaria en Allariz, é o gañador do XLI Premio de novela longa Eduardo Blanco Amor que outorga a Deputación de Ourense en colaboración coa Fundación Eduardo Blanco Amor, dotado con 15.000 euros, unha peza escultórica de Acisclo Manzano e a publicación do libro. Álvarez presentou a obra “A inmoral doutora Cons”, baixo o pseudónimo de Carme Leonor Friedmann.
A novela foi seleccionada de entre un total de 25 orixinais presentados. O xurado, reunido onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel, destacou a “habilidade do autor para reconstruír un tempo pasado” -a década dos 50 do século XX- e “o retrato certeiro do rural galego, cun matiz ourensán, fronte á perspectiva dunha médica que chega de fóra e que loita con valentía para desbotar prexuízos instalados naquela sociedade, principalmente no eido sanitario”. Ademais, o xurado destaca o “tratamento acaído da perspectiva de xénero, a construción dos personaxes e o bo manexo dos diálogos, con acenos próximos á obra de Eduardo Blanco-Amor e Álvaro Cunqueiro”. O xurado, que tralo seu fallo estivo acompañado polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, foi presidido por Luís González Tosar, en representación da Fundación Blanco-Amor, e integrado por Elba Pedrosa, Mario Regueira, Tensi Gesteira e Maite Jiménez. O gañador recibirá o premio o sábado, ás oito da tarde, no Liceo.
Roberto Fernández é o autor do ensaio “Enfermos pobres, médicos tristes”, gañador do premio Vicente Risco de ciencias sociais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Garantiza un mayor alivio fiscal
Alfonso Rueda promete “cooperación y estabilidad” a los empresarios de Ourense
IDENTIFICACIÓN POR ADN
El hombre hallado sin vida en As Caldas llevaba 48 horas muerto
SEGURIDADE VIARIA
Xunta e Pereiro de Aguiar melloran a seguridade de varias estradas
Lo último
A varios organismos
Honduras denuncia a Trump por injerencia en sus elecciones
ESTATUAS PROFETAS JEREMÍAS Y EZEQUIEL
Santiago recibe las esculturas del Pórtico de la Gloria tras 70 años fuera de la ciudad
PROGRAMACIÓN NAVIDAD 2025
El centro comercial Ponte Vella arranca su programación navideña con ocio, talleres y visitas mágicas