ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
As Xuventudes Socialistas lamentaron onte o peche do Espazo Lusquiños para a mocidade por parte do Concello de Ourense. A organización dos mozos do PSOE cre que ao alcalde “nada lle importou a mocidade” durante este mandato, e acúsao de ter estado “xogando” coa apertura e peche de espazos como o Lusquiños ou La Molinera, no que fracasou o Centro de Intelixencia Artificial -tamén clausurado-”.
Alba Iglesias, líder das Xuventudes Socialistas na cidade, salientou que o actual goberno local presenta “unha evidente e manifesta falta de capacidade de xestión”, así como unha “erro na interpretación” do que quere a xuventude de Ourense: “Esiximos recuperar os nosos propios espazos, queremos desfrutar das poucas infraestruturas coas que conta a mocidade e que se retome a oferta de actividades”. O Espazo Lusquiños fora reaberto o pasado verán, pero o goberno local en solitario de Jácome decidiu pechalo o 21 de xaneiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ACCIDENTE DE TRÁFICO MORTAL
Muere una mujer y otra persona resulta herida en un atropello múltiple en Bentraces
SENTENCIA JUDICIAL
Varapalo a Remar por usar a voluntarios para su negocio en Ourense
LARGAS RETENCIONES
Caos en la N-525 a su paso por Ourense por el cambio de carriles cortados
PREMIOS COMERCIO GALLEGO 2026
Galicia ensalza la resistencia de su comercio tradicional
Lo último