Etimología

¿El nombre de "Ourense" no viene de "oro"? Los expertos señalan otro origen

Panorámica de Ourense, con el Puente Romano en primer plano. (Foto: Mario SP / Foter)
photo_camera Panorámica de Ourense, con el Puente Romano en primer plano. (Foto: Mario SP / Foter)
Según los expertos, las minas de oro que atrajeron a los romanos la provincia no tendrían mucho que ver con su nombre

La etimología es un tema complejo, y que lleva a errores por proximidad fonética. Muchos -por ejemplo- creen que el nombre de “Ourense” viene de las minas de oro que los romanos encontraron en la provincia, pero el miembro de la Real Academia Galega y coordinador del proyecto Galicia Nomeada, Vicente Feijóo, apunta a otro origen.

"Os especialistas apuntan a que auria é un dos nomes máis antigos de Europa para denominar un río, e vén do paleoeuropeo awer, 'fluir' ou 'mollar'". A continuación reproducimos el texto completo en el que Feijóo profundiza en la explicación.



O nome da cidade, obispado e provincia de Ourense provén da forma latina Auriense, un adxectivo formado na alta Idade Media a partir dun primitivo Auria. O resultado deste Auria témolo no topónimo Oira, que identifica unha zona onda o río Miño, moi preto da cidade das Burgas. 

Neste topónimo identificamos claramente o sufixo adxectival latino -ensis, que no galego actual deixou as formas -ense ou -es, moi rendibles para indicar a procedencia ou a pertenza a un lugar. Por tanto, este sufixo achéganos o significado de “os habitantes de Auria”. Pero que significa ese nome Auria?

Tanto Auria como Auriense son formas que tradición popular identificou co latín aurum -'ouro'-, coa auri fames, ‘a fame do ouro’, que trouxo os romanos a estas terras, pero os especialistas en toponimia desmenten esta relación.

Segundo Edelmiro Bascuas (2002, 42.5) , a forma Auria tería a súa orixe nun tema hidronímico paleoeuropeo *Awer- ‘mollar, fluír’, ditongado por mor da consoante -r- en Aur. A este Aur engadiríaselle o radical -ia para dar como resultado a forma documentada Auria 'auga, río', que nun principio sería unha denominación alternativa do río Miño. Este termo Auria constitúe un dos nomes máis antigos de Europa para denominar un río. Finalmente, a este Auria, en época romana, uniríaselle o sufixo adxectival -ensis para crear a forma Auriensis, forma precedente do actual Ourense.

Tanto a forma latina medieval Auriense como a forma  primitiva Auria rexístranse  por  primeira  vez  na  chamada  Divisio Theodomiri  ou  Parroquial  suevo:  «Ad  Auriensem,  Palla  Auria»  (ano  569),  e ambas figuran  indistintamente  na  posterior  documentación  medieval  en  latín:  «villa  ubi dicunt Auria» (1010), «in Auria Adefonsus episcopus» (1172), «civitate auriense» (1177)... 

Na documentación  romance,  a  partir  do século  XIII,  rexístranse  ata 18 resultados correspondentes ao derivado en –ense; entre eles, o cultismo ou semicultismo latinizante Ourense, que acabou por  impoñerse sobre outras variantes patrimoniais como Ourées, Ouréns, Ourés...

Te puede interesar