MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
CULTURA OURENSÁ
Paco López Barxas presentou onte en Ourense “Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey”, o seu novo libro infantil ilustrado por Acisclo Manzano. Como o seu propio nome indica, trátase dunha obra que xira arredor da figura do escritor ourensán Ben Cho Shey, seudónimo que empregaba Xosé Ramón Fernández Oxea dende que comezou a escribir para o xornal La Zarpa en 1922.
A idea deste conto xurdiu no colexio de Pereiro de Aguiar, durante a presentación dun ensaio que López Barxas escribiu sobre este autor con escritos e cartas que el mesmo lle deixou. “Os profesores do centro propuxéronme adaptar o traballo para os máis pequenos”, sinala o escritor, que non dubidou en aceptar a proposta.
Así, o propio colexio que leva o nome de Ben Cho Shey e o bosque que está ao seu carón, tamén coa mesma denominación, convertéronse no escenario perfecto para narrar a historia deste escritor mediante unha biografía ficcionada, aínda que López Barxas asegura que “a vida de Ben Cho Shey foi como un conto”.
Loaira e Lislé son as personaxes protagonistas que un día durante o recreo deciden adentrarse entre as árbores. Alí, nese bosque encantado, atópanse con Ben Cho Shey, pero tamén co Padre Feijoo e o Coronel Cachamuíña, mentres preparan un maio. O conto fai posible que estes tres persoeiros, que están ligados á historia de Pereiro de Aguiar, coincidan no tempo para trasladar aos nenos unha parte da historia da súa contorna.
Acisclo Manzano foi elixido como ilustrador para trasladar á historia o carácter máxico que teñen as súas esculturas. “O día que fun ao CEIP Ben Cho Shey, en Pereiro de Aguiar acababa de amencer e había néboa, automaticamente fixo que pensase na obra de Acisclo e por iso quixen contar con el para este proxecto”, explica López Barxas.
Non é a primeira vez que o autor relata de forma educativa a historia doutros autores. Xa o fixo cos homes da Xeración Nós, como é o caso de Ramón Otero Pedrayo, do que escribiu un conto que se chama “Historia de Ramón”. O seu próximo traballo tratará sobre o Pórtico da Gloria e estará ilustrado por Alfonso Costa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
MÁS VALE PREVENIR QUE APAGAR
Ourense se prepara contra el fuego: un gran simulacro para garantizar una respuesta eficaz
MÍNIMO HISTÓRICO
Ourense registra su peor arranque de año en natalidad
PROYECTO "CAMINO VERTICAL"
La Diputación pone en valor la Vía de la Plata
Lo último