CINCO DÍAS DE CORTE EN LA N-120
La tractorada sigue en Ourense mientras el sector agrario ya prepara sus nuevas protestas
Adeus a miña querida amigaRosa Núñez. Foise unha gran muller, un referente para todas nós, na que mirarnos cando nos costa camiñar, na que apoiarnos para recibir unha pouca da sua inagotable vitaledade, da súa branca enerxía.
Loitou contra a terrible infermidade coas forzas que dá a coraxe e a esperanza, as ganas de vivir que sempre tivo e que lle soupo transmitir aos que estábamos con ela.
Solidaria, defensora das tradicións, do patrimonio, creativa a que máis, e prototipo do bo gusto.
Tivo unha infancia plena da que lle gustaba falar, lembrando aos que xa marcharan e tamén aquel Carballiño da época dos guateques, das romarías e festas, daqueles veráns de vacacións despois de largas estancias en outros lugares, onde destinaban ao seu pai garda civil. O seu máis agarimoso recordo era para Barcelona, en donde elexiu a súa profesión de costureira e deseñadora de moda.
A cultura do seu pobo era algo que sempre estaba presente. De aí, os seus anos traballando en Avantar, tamén de desfiles de moda e cursos de costura.
Rosa Núñez era admirada polas súas orixinais creacións, que nos últimos anos, antes da xubilación, estiveron dedicados aos vestidos de noiva, inspirados na tradición, na natureza, e cun toque de modernidade, que os facían moi persoais.
Pero, se por algo tamén era moi recoñecida era pola súa fantasía desbordante que a levou a idear e recrear os tempos da bandoleira Pepa Loba, no seu querido Barrio de Flores. Unha feira de época, na que os artesáns conviven cos persoeiros do pasado carballiñés e cos bandoleiros. Aínda este pasado ano, cando a infermidade lle restaba forzas, foi quen de organizar, contando coa súa filla Ari Quintas e os seus moitos amigos, a súa última edición da Pepa Loba.
O seu funeral será hoxe, 19 de xaneiro, ás catro da tarde, dende o tanatorio Pompas Fúnebres ata o Templo da Veracruz.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CINCO DÍAS DE CORTE EN LA N-120
La tractorada sigue en Ourense mientras el sector agrario ya prepara sus nuevas protestas
DE DOS A VEINTICINCO EN TRES AÑOS
Las agresiones físicas a personal sanitario se multiplican en Ourense
Lo último
FOGARES ACCESIBLES
Verín sumará 15 vivendas protexidas a través dun convenio coa Xunta
daños al patrimonio natural
Un nuevo arboricidio en la calle Pena Trevinca
Juan Pina
La radicalización ideológica de los jóvenes
LEMBRANZAS
Ourense no Tempo | El Rápido F.C.