A Orquesta Panorama presenta a súa xira no Viñas Fest

Imaxe da presentación de As Viñas Fest ante o Concello de San Cibrao.
photo_camera Imaxe da presentación de As Viñas Fest ante o Concello de San Cibrao.
O show da Orquesta Panorama será este sábado en Pereiro de Aguiar, no marco do As Viñas Fest

San Cibrao das Viñas acolle a primeira edición de As Viñas Fest, un festival gratuito organizado polo concello de San Cibrao das viñas e dirixido a tódolos públicos que se celebrará o estes sábado, 20 de abril. “En San Cibrao das Viñas seguimos incrementando as actividades de ocio e cultura dirixidas á xuventude e que o mesmo tempo podan pasalo ben as familias con peques e veciños de tódalas idades”, destaca a alcaldesa, Marta Nóvoa.

A xornada festiva contará cunha sesión de tarde na que, a partir das 17:30 horas actuará Uxía Lambona e a Banda Molona no recinto ubicado xunto ás piscinas de Ponte Noalla no que ademáis os máis pequenos e as familias poderán desfrutar de inchables e un espazo de relax con mesas.

A sesión de noite comezará ás 22,00h no novo acceso ó Polígono e estará protagonizada polo espectáculo de Panorama, que trae por primeira vez á provincia de Ourense o novo show da súa xira 2024 ata á 1,00 horas. Si de algo pode presumir a Orquestra Panorama é de presentar un espectáculo sempre novo, actual e que sempre sorprende. A capacidade de reinvención da formación, despois de 35 años de traxectoria, está fora de toda dúbida. Así, neste ano, atendendo ás temáticas de actualidade para montar o seu show, este ano fan un guiño á intelixencia artificial. Un tema que está na boca de toda a sociedade, de como esta tecnolocía ten o potencial de cambialo todo, aínda coa sensación de tan só ter dado os primeiros pasos.

Pechará o festival a macro disco móbil A Gramola ata ás 4,00 horas, unha referente no seu eido.

Buses

Existen buses de chegada dende Ourense ata as 22,30 horas, son as liñas 14 e 33, e facilitaranse liñas de bus para a volta ao finalizar o festival (venta de billetes de transporte a través de Woutick). Será nos seguintes horarios con saída do intercambiador da Alameda: ida 21,30 horas e volta ás 04,00 horas; ida ás 22,15 horas e volta ás 04,30 horas; ida ás 23,00 horas e volta ás 05,00 horas, e ida ás 23,45 horas e volta ás 05,30 horas.  Ademais haberá buses de ida e volta para a zona de Piñeiral, San Cibrao, Soutopenedo e Rante a partir das 21,00 horas.  Do mesmo xeito, habilitaráse unha ampla zona de aparcamento e as correspondentes medidas de seguridade coa máxima atención dos profesionais competentes.

“Este macroevento é unha aposta polo pobo e polos veciños, coa promoción da cultura e o ocio, para o que disporemos dun dos maiores espazos habilitados expresamente para este festival que será un referente a nivel provincial e de calado autonómico, contando cos referentes da verbena a día de hoxe”, sinala Novoa.

Te puede interesar