PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
ASÍ SE FALA NAS URBES
Segundo a enquisa estrutural a fogares realizada polo Instituto Galego de Estatistica (IGE) sobre o coñecemento e uso do galego, a cidade de Ourense é a que rexistra unha maior porcentaxe de habitantes que empregan o galego por riba do castelán no seu día a día (29,66%). O dato sitúase lixeiramente por riba do recollido no 2008, cando o 28,11% dos enquisados aseguraban un uso prioritario da lingua galega, unha boa noticia tendo en conta que as anteriores dúas enquisas -realizadas en 2013 e 2018- rexistraban un descenso do uso prioritario do galego (22,40% e 22,80%, respectivamente).
Só Lugo (39,22%) supera lixeiramente a Ourense (37,89%) entre as urbes con máis habitantes que falan habitualmente en galego -tendo en conta aqueles que o empregan sempre e os que o priorizan ante o castelán-. Mentres tanto, Vigo é a cidade con menos veciños que falan sempre en galego (3,91%), cun descenso de case tres puntos con respecto ao 2008 (7,09%).
A maioría dos galegofalantes (79,10%) aprenderon o idioma no ámbito familiar -en 2018 eran un 83,36%-, aínda que debullando o dato por idades son os maiores os que xustifican o resultado. Os máis xovenes -entre 5 e 29 anos- sinalan a escola como o lugar no que máis lles ensinaron a lingua galega. É dentro deste grupo de idade onde se percibe unha maior perda do galego, cun aumento de case 10 puntos das persoas de entre 5 e 14 anos que falan só castelán nos últimos cinco anos.
Outro dos aspectos analizados polo IGE nesta enquisa é a percepción que teñen os propios enquisados sobre o coñecemento e uso do galego. O 29,66% da poboación de Ourense de 16 ou máis anos considera que o idioma se emprega bastante, fronte ao 39,15% dos habitantes de Pontevedra que consideran que se usa pouco ou nada. Con todo, no conxunto de Galicia o 25,87% da poboación considera que na actualidade se fala máis galego que hai 5 anos, para o 49,02% a percepción do uso do galego non variou neste intervalo de tempo e, finalmente, o 25,12% restante cre que se fala menos galego que no ano 2018.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PERSONAJES DE LA EMIGRACIÓN ESPAÑOLA EN FRANCIA
Antonio Rodríguez Castiñeira: “Soy español, soy gallego y soy emigrante”
RÉCORD DE TRABAJADORES
Los extranjeros asumen dos de cada tres nuevos empleos en Ourense
Lo último
COBERTURA DE PLAZAS CENTRALIZADA
Ourense se desmarca de un comunicado sobre las contrataciones en Urgencias
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
La inteligencia artificial
32.000 OURENSANOS ATENDIDOS
La enfermería domiciliaria supera las 57.000 consultas en Ourense