reportaxe

Ourense tamén fai cine

collageaudiovisual

A provincia conta con profesionais do sector audiovisual que levan a marca Ourense alí por onde van.

O audiovisual galego vive un dos seus mellores momentos. A provincia de Ourense conta coa súa propia canteira de talento cinematográfico. Entre estes profesionais, algúns están comezando a dar os seus primeiros pasos, e outros contan cunha larga traxectoria ás súas costas. 


Carlos Montero


Montero nace no concello de Celanova e cando medra decide marchar a Madrid monteropara estudar Ciencias da Información. Carlos Montero nunca imaxinou que estaría detrás dunha das series que marcaron un fito na televisión española, Física y Química.

Seguindo coa temática adolescente, dirixe e escribe unha das ficcións máis vistas de Netflix, Élite. Mediante o éxito logrado con Élite, consegue a confianza da plataforma online que decide adaptar unha das súas novelas.

El desorden que dejas, gañadora do Premio Primavera, está ambientada na localidade imaxinaria de Novariz. O universo ficticio da novela está inspirado na comunidade galega. Montero busca que a nova serie respire galeguidade, elixindo os paisaxes de Celanova, Allariz ou Ribadavia como escenarios. Está previsto que a adaptación se empeza a filmar neste verán.


Xudit Casas


Xudit casas tamén nace en Celanova, o que fai pensar que a terra de poetas se está a converter en terra audiovisual.

Aproveitando a súa etapa universitaria en Madrid, Casas comeza a colaborar en diferentes proxectos. Será no 2007 cando filme Sobre a morte do Bieito, adaptando o relato de Rafael Dieste. A curtametraxe consegue chegar a numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais. 

Xunto ao compositor Adrián Saavedra, crea a súa obra máis experimental e "a primeira obra audiovisual dedicada a durmir a sesta". Estamos a falar de Relax & Siesta. A cineasta dedícalle un capítulo á súa terra. Demostra nel que Galicia non é só choiva e gris, filmando as paisaxes estivais de Verea, Quintela de Leirado ou Cartelle.

Neste 2019 estrea o seu último traballo, Amar en libertad. Documental no que indaga sobre o poliamor e as relacións amorosas non monógamas. 

Do mesmo xeito, Xudit Casas é unha abandeirada das reivindicacións feministas. No seu blog, La Directora de Cine, achega conversas con compañeiras cineastas e fala das súas fontes de inspiración. Así como adica unha serie de artigos á vila que a viu medrar.


Toni Salgadotoni2


Veciño de Verín, o actor forma parte do reparto de O sabor das margaridas. Despois do éxito na canle galega, Netflix decide introducir no seu catálogo unha primeira produción galega. A plataforma convértese así nun expositor internacional do talento galego. 



Aser Álvarezaser3


Sen saír da provincia, atopamos ao director Aser Álvarez. Nado en Bande, funda a produtora Arraianos, coa que comeza dirixindo, escribindo e producindo o documental 100% CEF, unha biografía de Celso Emilio Ferreiro.  Un documental innovador que explora a transcendencia das letras de Celso Emilio, e co que o cineasta gaña un Mestre Mateo.



Aida Blanco e Nacho Nugoaida e nacho


Aida e Nacho danse a coñecer na serie Lobos e Cordeiros, emitida pola TVG. Os dous rapaces marcharon fora de Ourense para comezar a súa formación en interpretación. Sen embargo, acaban volvendo á cidade ourensá para darse a coñecer nunha produción rodada na provincia. 

Grazas a esta primeira aparición na pequena pantalla, logran acadar o recoñecemento do público galego e contan con milleiros de seguidores nas súas redes sociais.



Alicia Alonso


Non obstante, Aida e Nacho non son os únicos integrantes desta nova xeración talentosa. Alicia Alonso, de O Barco, entra en Comunicación Audiovisual case por casualidade. É durante a carreira cando se incorpora ao equipo de produción da webserie El método sueco. O traballo do equipo nesta ficción fainos gañar un Premio Mestre Mateo.

Ademais, no último ano foi nomeada a outro Mestre Mateo polo videoclip Eu non sei por que.

Te puede interesar