SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Nacional colabora cos estanqueiros de Ourense para mellorar a seguridade no sector dos estancos

O encontro enmárcase no obxectivo de "reforzar o Plan Comercio Seguro", destinado a mellorar a seguridade do sector do gremio de estanqueiros

A Policía Nacional da Comisaría Provincial de Ourense colabora cos estanqueiros da capital ourensana para mellorar a seguridade no sector dos estancos. Así o informou este luns a Policía Nacional, que indicou que o pasado venres tivo lugar na Comisaría Provincial de Ourense unha reunión con representantes do sector dos estanqueiros da cidade.

A Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Ourense está a desenvolver "diferentes programas enfocados a dotar, de forma coordinada, dun conxunto de medidas de apoio" dirixidas a mellorar as condicións de seguridade dos establecementos e dos produtos "ofrecendo información e asistencia sobre as precaucións e prevencións que se deben adoptar para mellorar a seguridade das áreas comerciais" explicou.

Neste sentido, o pasado venres pola noite, coordinada pola Área de Participación Cidadá, celebrouse na dependencias da Comisaría de Ourense unha reunión coa asociación e distintos representantes de estanqueiros da cidade.

O encontro enmárcase no obxectivo de "reforzar o Plan Comercio Seguro", destinado a mellorar a seguridade do sector do gremio de estanqueiros de Ourense, "asesorando en plans e accións de prevención e impulsando medidas de seguridade co obxectivo de proporcionar un ámbito máis seguro aos comerciantes do sector dos estancos", indica a Policía.
 

Te puede interesar