“Os políticos temos que ser honrados, parecelo e, ademáis, demostralo'

Pablo Pérez, secretario de Organización del PP (Foto: Marcos Atrio)
A renovación aplicada no comité executivo tralo XVI Congreso do PP de Ourense non afectou ao secretario de Organización do partido, Pablo Pérez. O xoven teniente de alcalde de Quintela de Leirado conta ca confianza do presidente e cas ganas e ilusión de traballar pola provincia a pesares da situación económica e de credibilidade dos partidos.
Como se sinte ao contar novamente co apoio do presidente?
Síntome moi contento pola confianza depositada en mín, con moita responsabilidade e con ganas de seguir traballando polo ben do partido e da provincia.

A súa experiencia, a pesar da xuventude, lle converte nun valor en alza dentro do PP. Cales son as súas aspiracións políticas?
Non, non, eu son un afiliado máis dos 27.000 que ten o PP de Ourense. Síntome moi contento pola confianza que o presidente e os meus compañeiros depositan en min, e eu o que espero e facelo ben. Somos un equipo e funcionamos como tal. Esa é unha das premisas de Manuel Baltar. Eu quería ser concelleiro en Quintela e xa o son, polo que as miñas aspiracións están colmadas. A partir de aquí, estou a disposición do partido.

Gustaríalle seguir os pasos do seu pai, José Antonio Pérez, alcalde de Quintela de Leirado?
Neste momento non o penso siquera. Quintela de Leirado ten alcalde para rato.

Como lle influiu o feito de ser “fillo de'?
Marcar, claro que marca. Para ben e tamén para mal. Moitas veces ábreche portas pero as veces tamén as pecha. Ademáis, sempre tes un plus de responsabilidade.

Co pasado comité, parece que se cerraron filas no PP provincial
Dende o remate do XV congreso, solo hai un PP en Ourense. Agora, no XVI, houbo unha renovación do 50% do comité executivo e de dirección, pero todos somos un dende o 2010. A proba que mellor o evidencia son os éxitos electorais acadados elección tras elección.

Como está afectando ao partido os casos de corrupción?
O partido ten un respeto total ás administracións xudiciais. Este é un tema que nos afecta a todos, porque hoxe, a credibilidade dos políticos está en entredito. Unha das nosas premisas é a transparencia e, no novo comité executivo, o presidente nomeou coordinadora a Mónica Mourelo, e nos pasou un documento de obligacións éticas e deontolóxicas. E il mesmo foi o primero presidente dunha Diputación que publicou os seus bens en internet.

A crisis mudou a relación ca xente?
Os políticos temos que traballar para que a sociedade volva a recuperar a confianza en nós. Penso que os políticos, ademáis de ser honrados e parecelo, temos que demostralo. É certo que houbo un reaxuste na administración, porque non hai diñeiro. Aquí hai unha clara responsabilidade dos oito anos de goberno socialista e do bipartito, dos cales agora ninguén se acorda; pero eso non exime a nosa responsabilidade. Con esforzo, comprensión e seriedade seremos capaces de sacar as cousas adiante. Tamén é certo que, pese a que hai menos recursos públicos, están mellor aproveitados.
Cómo é a vosa relación ca Xunta?
A verdade é que é unha relación boa, exigente e de colaboración mutua. Dende o PP de Ourense, sempre pomos o interés da provincia por riba de todo pero tamén agradecemos o que a Xunta ten feito nestes anos.

A paralización do proxecto da mellora do eixo viario Ourense-Portugal non é o mellor exemplo
O ideal para nós era que continuase, non só ata a fronteira senón ata enlazar con Ponte da Barca (Portugal). Somos conscientes do esforzo que fixo a Xunta para acadar a chegada da autovía a Celanova e non vai a escatimar en esforzos para buscar unha solución para os veciños da Baixa Limia. Tamén e certo que nunca -nin co anterior gobierno bipartito nin o actual- se falou da construcción dunha nova autovía ata a fronteira, senon de una mellora da actual estrada OU-540.

A entrada do AVE na cidade sigue sendo obxecto de controversia, cal cree vostede que é a solución?
O que sigue primando é a variante exterior. O Ministerio non se pronunció ao contrario e temos que ter confianza no desenvolvemento da idea inicial da intregración do AVE na cidade. Non hai ningunha razón para non creelo. O que si que me plantexo é si é necesario gastar o diñeiro en facer unha estación como a que foi licitada por un goberno en funcións...
O tema das preferentes é menos doado. En algúns pobos, os preferentistas comenzaron a acosar aos concelleiros populares, que opinión lle merece?
Descoñezco esta situación, eu non a vivo. Pero entendo o enfado da xente, porque están vivindo unha situación inxusta. Dende o PP de Ourense instamos as institucións públicas a que garanten a devolución íntegra dos aforradores. Cabe subliñar os avances feitos pola Xunta por medio da arbitraxe e tamén que, máis do 90% das preferentes foron firmadas estando no goberno de España o PSOE.

O tema dos soldos dos rexidores tampouco gustou a moitos compañeiros...
Xa se fixeron alegacións nese sentido porque os alcaldes dos concellos pequenos teñen o mesmo dereito cos demais. Diría máis, eses rexidores fan 24 horas ao día os 365 días do ano traballos que os rexidores dos grandes municipios non fan porque o delegan. O que teríamos que facer é redimensionar o funcionamento dos concellos e facelos eficientes, e iso non se fai quitando soldos. Hai que potenciar a fusión de servizos e aqueles organismos que funcionan, como a propia Mancomunidade Terra de Celanova o a Diputación de Ourense. A nivel de partido, ca creación do comité de representantes de concellos de menos de 1.000 e 5.000 habitantes, trataremos de solucionar estes e outros problemas, como a xeración de emprego na provincia.

A despoboación do medio rural será outra das preocupacións
Si, a Diputación está xa traballando na potenciación e promoción económica do rural, pero hai algo que se nos está escapando porque a xente sigue marchando. E iso que nunca houbo no rural tanta calidade de vida, tantas facilidades (telefonía, internet) e unhas comunicacións tan boas... O rural é unha verdadeira alternativa á crise.

Te puede interesar