O proxecto busca recuperar para a cidadanía un espazo adicado principalmente ao tráfico rodado

A Praza dos Suaves mellorará a súa accesibilidade para os peóns

Esta mañá foi aprobado, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, o proxecto de humanización da Praza dos Suaves, cun orzamento de execución por contrata de 154.647,61 euros.

A Praza dos Suaves mellorará a súa accesibilidade e dinamismo de uso cun proxecto de humanización da zona

Segundo o Servizo de Rehabilitación, VPP e PERIS, o proxecto está dirixido á consecución dun 'medio urbano acorde cos usos de representación sociais, culturais e de esparexemento que lle son propios a este nodo da historia da cidade.

O proxecto execútase dentro das actuuacións de reurbanización da Área de Rehabilitación Integral do Casco Histórico, fase 12. Inclúe as actuacións arqueolóxicas necesarias, redactadas polo departamento de arqueoloxía do propio Concello.


Obxecto de intervención
O obxecto da intervención será 'recuperar para a cidadanía un espazo ata o momento adicado principalmente ao servizo do tráfico rodado, cunha beirarrúa aillada na súa fachada norte, dous viais flanqueados por parterres e unha certa confusión nos percorridos peonís útiles'.

O proxecto presentado propón 'unha solución aterrazada, con pequenas inclinacións nos parámetros verticais que trata de recuperar, para usos humanos, un ámbito relegado prácticamente aos vehículos'. Según a descripción, 'a súa composición xeral trata de resolver as diferentes entradas, tanto desde a escaleira -conservada tanto pola solución acertada que representa como por ocos que en base a esta se abren no edificio adxacente- como desde as diferentes cotas da vía, tratando que sexa un lugar totalmente accesible e dinámico durante o seu uso'.

Segundo recolle a memoria descriptiva do proxecto, “os parámetros murarios de contención se xiran e inclinan, buscando, sen perder a súa solidez, unha certa dinámica formal e riqueza plástica, diálogo pretendido cos volumes que frente a estas mostran os parámetros catedralicios, empregando neste caso unha linguaxe contemporánea, tanto desde a súa composición formal como desde as súas solucións construtivas. Búscase, con estos levantamentos, minimizar o tono monótono que en tres plataformas escalonadas aportarían as barandas”.

Se ben o viario do casco histórico ten limitado o seu acceso rodado na actualidade, desde o punto de vista do dimensionado da sección de vía resultante se garante unha apropiada accesibilidade para vehículos de emerxencias ou puntuais situacións de cruce entre vehículos.

Te puede interesar