FESTAS E VERBENAS
Galería | A troula do verán vista polos nosos lectores
Un estudo sobre as paisaxes na obra de Otero Pedrayo, outro dos seus anos preuniversitarios, unha biografía en verso ou un videoxogo foron algunhas das obras recoñecidas en Trasalba durante a entrega dos terceiros premios Otero Pedrayo, concedidos pola fundación que leva o seu nome co apoio da Xunta de Galicia. Un acto que tamén quixo conmemorar os 48 anos do pasamento do integrante da Xeración Nós, e no que o secretario xeral de Política Lingüísitca, Valentín García, loou o traballo dos escolares participantes.
Ourense foi a gran triufadora, con dous galardóns na categoría de Bacharelato, un estudo da poesía e xeografía de Otero Pedrayo, e un análise da súa traxectoria preuniversitaria. O IES de Ponteceso recibía un accésit polo seu traballo “Violencia e delito en O Mesón dos Ermos”.
Na categoría de Secundaria, o IES San Rosendo de Mondoñedo era recoñecido por un videoxogo para a aprendizaxe de galego, que foi eloxiado pola aplicación de novas tecnoloxías. Outro accésit foi para o IES Chan do Monte de Marín, por unha biografía en verso de Otero Pedrayo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FESTAS E VERBENAS
Galería | A troula do verán vista polos nosos lectores
TIEMPO EN LA PROVINCIA
Lluvias y tormentas sitúan a Ourense en aviso amarillo
PRIMER SEMESTRE DE 2026
Cae la firma de hipotecas en Ourense, pero aumenta el capital prestado
Lo último