Miguel Fidalgo cre que os cambios na Lei Electoral así o recomendan

O PSdeG pide paralizar a moción de Calvos

Miguel Fidalgo e María Quintas. (Foto: MARCOS ATRIO)
O senador do PSdeG Miguel Fidalgo valorou onte positivamente as diversas reformas introducidas na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral, entre elas, as que 'dificultan a utilización de tránsfugas nas mocións de censura'.
Na súa opinión, os cambios no marco legal 'imposibilitan, por exemplo, a moción presentada no Concello de Calvos de Randín, que debería paralizarse'. Neste senso, pediu ao presidente da Deputación, José Luis Baltar, que non ampare o transfuguismo e impida que 'se ontinúe coa moción de censura'.Polo momento, a última nova é que o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense fixou para o 31 de xaneiro a repetición do frustrado pleno da moción que non puido substanciarse en xuño de 2008 pola intervención dos veciños partidarios do alcalde, Aquilino Valencia.

O senador socialista tamén estimou como un adiante que, coa reforma de lei, as Administracións Públicas non poidan facer actos en época preelectoral; que se reduzae a publicidade electoral aos 15 días de campaña, co que se reduce o gasto en campañas electorais, ou que os medios de comunicación privados teñán que someterse ás mesmas normas que os públicos.

Te puede interesar