O PSOE de Nogueira critica a derruba do antigo centro médico

Os socialistas apostan por  reformar o edificio e poñelo a disposición da veciñanza

O PSOE de Nogueira de Ramuín critica que o Concello vai empregar unha subvención de 100.000 euros para derrubar o antigo centro médico da localidade e facer unha praza, no canto de apostar por reformar o edificio e poñelo a disposición da veciñanza.

“O goberno do PP opta por desfacerse dun inmoble municipal a cambio de absolutamente nada, como xa fixeron coas casas de Espartedo, mentres o pobo segue sen ter salón de actos ou espazos onde impartir cursos”, lamenta o voceiro socialista, Óscar Sánchez.

Te puede interesar