LOTERÍA DE NAVIDAD
El Gordo, el 79432

A reitoral de Rabeda será un complexo ecoturístico

Turismo en Ourense

Santiago Ontañón e Lucie Batten son unha parella que vai rehabilitar a casa reitoral de Santiago da Rabeda, en Taboadela, para convertila nun complexo bioturístico.

Publicado: 29 sep 2021 - 01:30 Actualizado: 29 sep 2021 - 22:40

A casa reitoral de Santiago da Rabeda convertirase nun complexo ecoturístico. Ese é o proxecto de Santiago Ontañón e Lucie Batten, unha parella que mercou recentemente estes terreos e que pretende revitalizar o turismo sostible na zona, cun extenso complexo que abarcará as máis de 11 hectáreas de terreo que rodean a casa reitoral, que se convertirá na súa vivenda unha vez rematen os traballos de rehabilitación.

Santiago é mexicano, pero de raíces ourensanas, e Lucie francesa. Actualmente residen en Podentes, aldea natal do avó de Santiago no concello de A Bola, e decidiron embarcarse neste proxecto para demostrar “que la vida ecológica es viable y sostenible sin perder calidad de vida”. “Aunque queda mucho trabajo por delante, estamos muy ilusionados con este proyecto”, contaba Lucie. Ambos explican que, aínda que non se marcan prazos, esperan ter rematada toda a obra para comezar a funcionar “en un año y medio”.

Este ambicioso proxecto consta de tres partes fundamentais: a casa reitoral, a horta ecolóxica e o hotel restaurante. Primeiramente está a propia casa reitoral, que na actualidade continúa “tal y como nos la encontramos”, pero que esperan reformala para que se convirta na súa vivenda. “Queremos rehabilitarla para que se convierta en nuestra casa pero la haremos con materiales de la zona e intentando mantener la esencia del edificio”, subliña Santiago Ontañón.

Por outra banda está a horta ecolóxica, na que buscan resaltar que “la agricultura ecológica es viable y económica”, ao tempo que remarcan que “mucha parte de la huella de carbono está generada por las explotaciones alimentarias y producir la comida es uno de los factores más contaminantes de la sociedad actual”. Así, Ontañón e Batten, ademais de ter a súa propia horta ecolóxica, buscarán favorecer o enriquecemento do solo cos seus cultivos, buscando a proliferación de microorganismos que restauren naturalmente as propiedades da terra.

Esta é a única fase que está en marcha polo momento, e é que xa escavaron dúas pozas, situadas ao carón das antigas, para abastecer de auga diferentes parcelas da finca. “En el huerto intentaremos hacer unos cursos de agricultura ecológica”, expoñen. Ademais, nun futuro esta horta ampliarase tamén á gandaría, polo que contarán cos seus propios animais, nunha explotación extensiva e concienciada co medio ambiente e o benestar animal.

A derradeira pata deste ambicioso proxecto ecoturístico é a zona do hotel-restaurante. Por unha banda, o restaurante terá como principal proveedor a súa horta e os seus animais, para así “demostrar la eficacia de la agricultura ecológica y su eficiencia económica, incluso para un negocio de restauración”. Así, o seu menú variará en función da temporada do ano, ofrencendo produtos de proximidade e con garantía ecolóxica: “La gente podrá bajar al huerto y decir, quiero ese tomate y verá como va de la planta a su mesa”, asegura Santiago.

Por último estaría a zona residencial, que estaría formada por “entre cinco y 20 ecocabañas, aún tenemos que decidirlo”. As cabanas, ao igual que o resto do complexo, apostarán por materiales de proximidade e terán a mínima pegada ecolóxica posible.

En conxunto, esta experiencia busca que os seus visitantes se empapen da vida biosaludable e concienciada ambientalmente. “Aunque se podrá disfrutar de cada parte por separado, creemos que la experiencia completa aportará mucho a nuestros visitantes”, explican. Tamén recoñecen o “extraordinario trabajo” de toda a xente que os está axudando a desenvolver este proxecto, e que “no sólo ejecutan con nosotros el trabajo, sinó que también aportan ideas y sus puntos de vista sobre los pasos que vamos dando”.

Así, a casa reitoral de Santiago da Rabeda sumarase á oferta ecoturística da provincia.

Escucha las noticias del día

Ourense necesita al menos 300 camioneros para garantizar el abastecimiento de suministros, varapalo de ADIF a Jácome sobre los terrenos que pretendía expropiar, el caso de un cliente de una casa de citas que dejó a la dueña sin un diente o la nueva jornada en el OUFF, en el menú del día. Antonio Nespereira resume en apenas 3 minutos los titulares de este martes.

¿Dónde puedo escuchar Las noticias del primer café?

Puedes disfrutar también de todos los episodios de este podcast en OmnyStudio, Spotify, Google Podcasts, Apple Podcasts o suscribirte al feed RSS para escucharlo en tu aplicación favorita.

Este podcast informativo te llegará al correo con el boletín "Las noticias del primer café" [¿aún no lo recibes? Solicítalo aquí, solo tienes que registrarte en La Región, es GRATIS] y podrás acceder también desde la propia página web.

Contenido patrocinado

stats