REUNIÓN CONCELLO

Repaso ao estado das obras da nova depuradora e a ao seu financiamento

Ourense. 17-03-2016.Comisión de seguimiento de Acuaes. Paz
photo_camera Imxe da reunión de seguimento sobre a nova estación depuradora. (JOSÉ PAZ)

Na comisión de seguimento abordáronse discrepancias ao respecto do plan financeiro que o organismo estatal lle traslada ao Concello de Ourense respecto da nova EDAR

O sala de xuntas da alcaldía acolleu este xoves a comisión de seguimento sobre a nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Reza. A reunión foi convocada por ACUAES a petición do Concello de Ourense co obxectivo de aclarar as discrepancias sobre o plan financeiro que o organismo estatal de xestión das augas lle traslada ao Concello. Nesta comisión participaron tamén a directora territorial de ACUAES e técnicos de ambas institucións.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, solicitou de ACUAES información sobre as súas esixencias económicas, xa que representan un plan até o de agora descoñecido para a actual corporación. Neste sentido, o rexedor ourensán manifestoulle ao organismo as súas discrepancias, fundamentadas tanto nos informes do persoal xurídico coma na intervención municipal dado que se entra nun escenario non contemplado ao non existiren partidas orzamentarias aplicables.

Na mesma comisión abordouse igualmente o estado real das obras e os seus prazos, nomeadamente a instalación e mantemento dos circuítos eléctricos para a creación dunha rede de alta tensión que xere a potencia necesaria para a execución das tarefas de depuración ou a destrución de parte da vella estación en terreos de Reza, así coma a súa cesión para usos veciñais.

A comisión de seguimento volverase reunir para seguir abordando os traballos por executar e para dirimir as discrepancias financeiras entre ambas institucións.

Te puede interesar