José Araújo, Miguel Caride, Flora Moure, Antonio Nespereira (moderador), Rafael Villarino y Luis Seara, en un momento del debate organizado por Telemiño (XESÚS FARIÑAS).
Rafa Villarino (PSOE): "Non despreciamos a oferta do PP, pero eles si descartan a nosa"
"É unha situación crítica e na cidade albíscase un futuro negro. Nin nos peores soños podiamos esperar algo así".
"Ourense non pode ir máis abaixo que estar gobernada por tres personas sen experiencia".
"O PSOE ten lexitimidade e tamén a responsabilidade de gobernar esta cidade".
"Fai falla xenerosidade, pero o PP non amosa ser xeneroso cando pon como condición estar no goberno. A nosa opción prioritaria é gobernar en minoría co apoio técnico do PP. Eles descartan a nosa, pero nós non descartamos ningunha".
"Todos debemos facer un esforzo e a proposta do PP non é despreciable. Todos os partidos son necesarios e todos temos a obriga de colaborar".
Flora Moure (PP): "De momento, no firmaremos si no estamos en el gobierno"
"Necesitamos un gobierno estable, no solo un nuevo alcalde. Ourense no merece otro gobierno en minoría".
¿Villarino? "No estamos en la fase de hablar de personas en concreto".
"El PP ha sido el motor de este gobierno. El BNG parece el único partido que no entiende que debemos ser parte de la solución, solo dice barbaridades".
"Hemos hecho una propuesta, pero no tiene por qué ser la única. Tenemos experiencia más que acreditada y la moción de censura debe estar condicionada a que el PP esté en el gobierno. De momento, no firmaremos si no estamos".
"Si el PSOE piensa en la ciudad, no habrá ningún problema".
Miguel Caride (críticos DO): "Hai que buscar o que nos une e non o que nos separa"
"Que PP e PSOE se poñan de acordo é difícil, pero hai que buscar o que nos une e non o que nos separa".
"Non hai que buscar cotas de poder senón cotas de responsabilidade".
"A política tamén son números e sen unha maioría numérica non hai garantía de funcionamento".
"Se afondamos nas feridas non imos atopar a solución".
"Temos a oportunidade dar exemplo a todo o país".
"Primeiro negóciase e despois fírmase a moción de censura, parece que imos ao revés".
"Hai que desprenderse das siglas para resolver isto e dar unha solución á cidade".
José Araújo (Ciudadanos): "Un goberno en minoría do PSOE sería malo para a cidade"
"A única solución é que PP e PSOE se poñan de acordo. Deben ser igual de xenerosos, ningún deles arrasou nas eleccións".
"A pelota está agora no tellado do PSOE".
"Sei que é difícil que PP e PSOE se poñan de acordo, pero agora teñen que pasar cousas que habitualmente non pasan, é o único escenario posible".
"O PP equivocouse ao pactar con Jácome, pero o PSOE tamén o intentou. Pero iso xa pasou".
"Un goberno en minoría do PSOE sería malo para a cidade, non pode gobernar de forma estable un partido xa dividido".
"O BNG descártase porque non quere mochilas e camúflao de xenerosidade".
Luis Seara (BNG): "A solución é simple: goberna o máis votado e o resto á oposición"
"A crise institucional está provocada polo PP, que fuxiu do goberno e deixou o barco á deriva".
"O BNG teno claro: moción de censura e que goberne o máis votado e o resto exerza unha oposición construtiva".
"O PP é o responsable directo de que Jácome sexa alcalde. Demostrou a incapacidade para gobernar e a súa irreponsabilidade, abandonando o barco en plena tempestarde. Non pode ser parte da solución".
"Se ao PP lle importase realmente a cidade seguiría a proposta do BNG e asinaría a moción de censura deixando gobernar ao máis votado".
"Desde a oposición pódese facer moito, pero o que non se pode é querer aferrarse ao goberno".