"Ocupación e modo de vida", as razóns do TSXG para ratificar as primeras restriccións en Ourense

photo_camera A rúa Jesús Soria, unha das afectadas.
A sentencia avala as medidas tomadas o 18 de setembro, que afectou a catro rúas de O Couto

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) emitiu os seus dous primeiros autos sobre as medidas de prevención adoptadas pola Xunta como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do covid-19. Neles, o alto tribunal galego ratifica as restricións implementadas polo Goberno galego en Verín e en determinadas rúas do municipio de Ourense o pasado 18 de setembro.

Trátase das primeiras resolucións ditadas pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior despois da entrada en vigor, o pasado domingo 20 de setembro, da Lei 3/2020, que lle atribúe competencias para a autorización ou ratificación xudicial das medidas adoptadas polas autoridades sanitarias en ámbito distinto ao estatal. O TSXG ten a competencia sempre e cando impliquen a limitación ou restrición de dereitos fundamentais a destinatarios que non estean identificados individualmente.

Respecto das restricións que afectan a Ourense, o Superior indica que a Xunta achega un informe do subdirector  xeral de Información de Saúde Pública no que dá conta da incidencia que a pandemia ten na comarca, con gráficos sobre as probas realizadas, porcentaxes de positivos e casos acumulados, tanto totais como por grupos de idade. Para finalizar, no informe, propón que se adopten as medidas nas vías municipais sinaladas, “por causa de que nesa zona residen grupos de persoas que teñen alta capacidade de transmisión debido á súa ocupación (na súa maior parte coidadores de maiores e traballadores da hostalería), así como polo seu modo de vida (alta interacción social)”.

Te puede interesar