Pais de colexios e institutos coordenaranse para reanudar as reivindicacións no mes de setembro

Veciños de oito municipios critican os recortes educativos

Unha escenificación dos recortes, cunha serra mecánica, durante a protesta. (Foto: XESÚS FARIÑAS)
Unha morea de alumnos, acompañados polos seus pais, nais e profesores, todos eles de colexios públicos da provincia, protagonizaron na mañá de onte un acto reivindicativo fronte á sede da Delegación Territorial da Consellería de Educación, na rúa Concello de Ourense, en contra dos recortes promovidos por iste departamento autonómico nos seus centros educativos .
Os promotores desta iniciativa cifraron en preto de 300 persoas as participantes na concentración, que cobrou unha especial expectacularidade pola presenza duns leñadores, que escenificaron as polémicas reduccións de prazas utilizando serras mecánicas para cortar troncos na rúa.

Iste espazo público estivo pechado ó tráfico durante un par de horas, mentres estudantes, pais e profesores dos colexios de Carballeda de Avia, Cortegada, Cenlle, Castrelo de Miño, Rubiá, Amoeiro, Vilamartín e Vilariño de Conso portaban pancartas con críticas á Consellería de Educación mentres entonaban consignas contra a supresión de unidades nos seus respectivos centros. En todo momento estiveron arropados polos alcaldes de Carballeda, Luis Milia; Amoeiro, Rafael Rodríguez, e Castrelo, Xurxo Rodríguez. Un dos promotores desta iniciativa, Elías Rozas, voceiro da asociación de pais de Carballeda, comentou que 'a verdade é que tivo moito éxito esta concentración, xa que no noso caso houbo que poñer un autocar e cinco vehículos particulares, e tendo en conta que xa hai moita xente de vacacións'.


COORDENACIÓN

Logo desta primeira mobilización, o obxectivo dos colectivos afectados está na unificación de criterios e o mantemento dos actos reivindicativos e de apoio no vindeiro mes de setembro. Neste sentido, iste sábado haberá unha xuntanza das asociacións de pais de tódolos colexios da comarca do Ribeiro, para buscar unha mellor coordenación entre elas a nivel de organización. Tamén, na vindeira semana, ampliarase a convocatoria para os representantes dos centros de Educación Secundaria da provincia que se atopen afectados polas medidas do departamento que dirixe Xesús Vázquez.

Te puede interesar