EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
FESTIVAL DE CINE
Refírense a el coma "cineasta ourensán universal" ou "Buñuel galego". O certo é que se meteu no audiovisual polo director de "Un perro andaluz", ese ao que outro ourensán de Cartelle, Carlos Velo, lle proporcionara as formigas vermellas que precisaba para esa aplaudida película. "Foi con 'Tristana' e cun reportaxe que lle fixeron en La Región no que amosaba un escepticismo polo oficio cando espertou o meu interese polo cinema", conta o galardonado co Calpurnia de Honra.
"León y olvido", unha das obras máis recoñecidas de Bermúdez, marcou un antes e un despois na súa filmografía e poderá verse no ciclo que adica o OUFF ao director. Non foi un punto e aparte. Anuncia unha segunda vida para esta historia de dous irmáns que se quedan orfos e loitan polos seus soños. "Contarei os 15 anos despois dos personaxes. Foi un proxecto rexeitado durante dous anos en Galicia, pero apoiado en Madrid fronte a 200 obras. Espero rodar en Galicia", apunta.
Pola conta pendente de filmar en Ourense pregúntalle Miguel Anxo Fernández, o coordinador artístico do festival. "É un puñal que teño gravado, si. Espero que o proxecto 'Maldita memoria' se rode en Ourense. Xa houbo intentos, rexeitados. Ademais é un traballo no que quería contar só con actores ourensáns, ían participar Ernesto Chao e Rosa Álvarez", adianta.
Fala de proxectos que lle rexeitaron en Galicia e que apoiaron en Madrid. Desencantado coa xestión audiovisual aquí?
Levamos catro anos seguidos con proxectos cinematográficos rexeitados, contento non estou. E non penso que foran malos proxectos. Non teño dúbida que os que saíron foron interesantes, pero tampouco teño dúbida de que os que quedaron son igual de interesantes. É dificil falar disto cando eres parte, pero estou moi descontento. É unha situación moi mala e non sabemos se "Leon e olvido" se poderá rodar en Galicia.
Por que apoian fóra o proxecto e aquí non?
Non sei, vexo que nas comisións de fóra hai máis profesionais que aquí, e a comisión de aquí estivo durante moitos anos cun mesmo ollo, non hai pluralidade.
Di que Luis Buñuel foi o “culpable" de que apostase polo cinema. Espertoulle simpatía o seu escepticismo co oficio. Tamén é a súa forma de ver a profesión?
Algo de escepticismo si hai, pero non só no cine. Humor, vitalidade e tenrura polas cousas sempre disimulada de primeiras foi o que me interesou de Buñuel. Esa mestura foi a que me gustou. Como podía falar de cousas íntimas e ao mesmo tempo estar facendo política.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último
INTRODUCE TU NÚMERO
Comprobador Lotería de Navidad 2025: ¿te ha tocado El Gordo?
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, lunes 22 de diciembre?