A Xunta dispón de axudas para as empresas agrarias
Ecoagro
Ata o 25 deste mes está aberto o prazo de solicitude para incentivar investimentos no sector
A Consellería do Medio Rural mantén aberta ata o 25 de febreiro a liña de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios que saíu publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG). Segundo acaba de explicar a delegación da Xunta en Ourense estas achegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, "buscan fomentar a creación, ampliación e modernización das industrias agroalimentarias galegas".
A delegada da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do alcalde do concello de Maceda, Rubén Quintas, e do xefe territorial de Medio Rural, Yago Borrajo, visitou onte a industria cárnica O Rualdi, neste municipio ourensán. Esta empresa é unha das beneficiarias das axudas de transformación e comercialización de produtos agroalimentarios da pasada convocatoria. Díaz Mouteira, puxo en valor a aposta realizada polos seus promotores para ampliar e modernizar esta industria cárnica co obxectivo de ofrecer uns produtos embutidos de calidade. A empresa ampliou as súas instalacións en máis de 200 metros cadrados, cunha redistribución de superficies para mellorar o seu proceso produtivo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PRODUCCIÓN VITIVINÍCOLA
Las heladas tardías provocan daños puntuales en las vides de la D.O. Monterrei
Lo último
REGULACIÓN DE INMIGRANTES
El Gobierno lanza un portal web para la regularización extraordinaria de migrantes
6 CAMIONES DE BOMBEROS
Arde una nave de transportes en el polígono de San Cibrao das Viñas