PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
Dende o grao de Traballo Social da Universidade de Vigo manifestan a súa “preocupación” polas declaracións do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, nas que cuestionou aos profesionais do traballo social. A Xunta de Titulación de Grao remitiu un comunicado á Alcaldía, no que expresan tamén o seu malestar pola vontade do rexedor de suprimir dúas das catro unidades de intervención social (UNIS) do Concello, “para a súa centralización en unicamente dúas”.
O comunicado, aprobado o pasado xoves pola propia Xunta de Titulación, recolle a lexislación vixente e lembra que se debe “garantir a proximidade do servizo ás persoas e familias, cunha intervención personalizada no seu entorno”. Por iso, tal e como subliña o texto, “toda medida encamiñada a reducir esta proximidade supón un retroceso”.
Este organismo -no que están representados o decanato, persoal administrativo, profesores, investigadores e alumnado- explica que os desafíos dos servizos sociais “teñen que ver coa falta de medios económicos e recursos humanos suficientes, e coa excesiva sobrecarga de traballo dos profesionais”. Ademais, remarcan que o grao -establecido en 1994- forma traballadores dunha “profesión indispensable para a sociedade”, que promove o camio social a través dos “dereitos humanos”.
“Consideramos necesario manter e ampliar a rede de Servizos Sociais do Concello, e amosamos a nosa consideración e apoio ao colectivo profesional”, manifestan dende a Xunta de Titulación, que suma o seu rexeitamento ao xa expresado por outras institucións. “Solicitamos ao señor alcalde e aos grupos políticos que se valore na súa xusta medida o importante labor que se desenvolve desde os servizos sociais”, resolve o comunicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PREMIO OURENSANÍA 2026
La Coral De Ruada recibe el Premio Ourensanía 2026 por unanimidad
CENSO ELECCIONES GENERALES
Galicia aporta 2,7 de los 38,7 millones de electores totales de España
CENSO ELECCIONES GENERALES
Ourense encara el 29-N con récord de voto exterior y la juventud en mínimos
RENOVACIÓN EN EL DEPORTE
Luz verde para los campos de fútbol de Esgos y Pereiro
Lo último