CRÓNICA

El Mago Teto le planta cara al covid

Los más pequeños fueron de los que peor pasaron el confinamiento y ahora tienen recompensas como la progresiva  vuelta de los espectáculos. El Mago Teto presenta esta tarde su show “Alquimia” en Carballiño –19,30 horas en la Veracruz–, mañana "Tolemaxias" en Vilanova de Arousa, el 7 estará en Sandiás y el 12 en Pontevedra. Además, propone un truco para hacer en casa ahora que han vuelto las reuniones familiares.

La baraja es como un pájaro, que si lo aprietas demasiado lo matas y si lo sueltas por demás se vuela”, decía el ilusionista argentino de fama mundial especializado en cartomagia René Lavand. Así que, en época de coronavirus, hay que estar más atentos que nunca a la baraja y a cómo entretenerse. El Mago Teto tiene la receta ideal para hacer magia y sobrevivir al intento. ¡Atento a la jugada!

magoteto-5646-1-_resultado

“Vouvos explicar un xogo de maxia para que podades sorprender @s amig@s, familiares… sempre e cando non lean este artigo”, afirma el MagoTeto, del cual se transcribe su truco:

Inicio

Gustaríame empezar, como empezou todo, ala pola década dos 90 do século pasado en Viana do Bolo. Vou ensinarvos o primeiro xogo de maxia que aprendín na miña vida, publicado nun libro do mestre Juan Tamariz.

A xogada perfecta

Aveces a xente pregúntame si sei facer trampas nos xogos de cartas. Para esta pregunta sempre lles respondo con este xogo, unha demostración de como se poden localizar os catro ases dunha baralla con un simple ritúal máxico.

Efecto

Omago pídelle a unha persoa que corte pola metade a baralla, e logo que corte cada montón resultante. O mago non toca para nada as cartas, simplemente dá unha serie de instrucións correspondentes a un antigo ritual dos tahures zurdos do lonxano Oeste para que o espectador encontre os catro ases da baralla.

Material necesario

Unha baralla (pode ser española ou francesa, é indiferente. Nas fotografías que acompañan esta explicación usamos a baralla francesa).

Preparación

Onde ninguén te vexa, no baño, no camerino, na tua casa (quédate na casa!!!), debaixo dun coche, ou simplemente nun momento de descoido por parte dos espectadores, coloca sobre a baralla que está dorso arriba, os catro ases, e sobre eles, unha carta calquera. (Na foto 1, verás a colocación dos ases, están colocados boca arriba para entender a explicación, cando fagas o xogo irán boca a baixo como o resto das cartas).  

foto_1_copia_resultado

Realización 

- Introduce o tema das partidas de póker e anuncia que vas a ensinar como ti gañas sempre os xogos de cartas, pero con unha peculiaridade, sin tocar as cartas. Si alguén ve que tocas as cartas terá que berrar moi alto (tranquilo ninguén berrará, xa que non vas tocar as cartas de verdade).

- Deixa a baralla na mesa.

- Pide a un espectador que corte a baralla, máis ou menos pola metade.

- De novo pídelle que corte cada montón resultante pola metade, obtendo así catro montóns sobre a mesa. (ver FOTO 2)

- Agora dille que colla o primeiro montón (montón D na foto 2) e que realice o ritual do Póker dos Tahures zurdos do lonxano Oeste que consiste en coller a carta superior de ese montón e colocala debaixo do montón, e logo que distribúa as tres cartas superiores de ese montón unha a unha en cada montón dos que están na mesa na orde que lle prazca. Unha vez feito isto, que coloque o montón das súas mans na posición orixinal.

- Dille que agora colla o segundo montón (montón C na foto 2) e realice as mesmas accións salvo que en vez de pasar unha carta para abaixo ten que pasar dúas cartas, xa que é o segundo montón e iso é unha parte moi importante do Ritual do Póker dos Tahures zurdos do lonxano Oeste. De novo que coloque as tres cartas superiores na orde que desexe nos restantes montóns situados na mesa e  de novo coloca ese montón na mesa no seu sitio orixinal.

- Quenda para o terceiro montón (montón B na foto 2), e de novo toca facer o ritual do Póker dos Tahures zurdos do Lonxano Oeste, e efectivamente, ti o adiviñaches, hai que pasar tres cartas de arriba a baixo, xa que é o terceiro montón, de novo unha carta en cada montón da mesa e colocase o montón da man  na mesa.

- Finalmente, o espectador colle o cuarto montón (montón a na Foto 2) e neste caso pasa catro cartas para abaixo, xa que o ritual… ¡ISO!, e de novo pon unha carta en cada montón da mesa e deixa o montón na posición correspondente na mesa.

- Pregúntalle o espectador si el cortou para formar os catro montóns, e que se fixo os cortes por onde quixo, con total e absoluta liberdade. Responderá que si.

- Pois a veces a maxia é tan forte que simplemente chasqueando os dedos sobre cada montón, xa que isto forma parte do Ritual do Póker dos Tahures zurdos  do Lonxano Oeste, e pídelle o espectador que xire cada unha das cartas superiores de cada montón e que “flipe” o ver que cada unha é un As.

Conseguindo desta maneira un póker de ases, a mellor partida do póker.

foto_2_copia_resultado

Explicación

Amaxia sucede de forma automática, próbao para ti e “flipa” o ver este milagre laico. Simplemente tes que controlar onde acaba a parte superior da baralla despois dos cortes previos (montón A), dependendo se o espectador corta para a dereita ou para a esquerda, acabe do lado que acabe, ese sempre será o montón número 4, entón o principio cando lle dis o espectador que colla o primeiro montón (montón D), ti indícaslle co índice o montón oposto o que corresponde a parte superior da baralla. Agora, se segues o pé da letra o texto da realización, o final, os ases quedarán na parte superior de cada montón.

“¡¡¡Saludos, magia y rock!!!” de parte del Mago Teto.

Te puede interesar