Obituario | Eduardo Ventura, a fin dunha saga
ÚLTIMO ADEUS
Con só 64 anos de idade e despois dunha rapidísima enfermidade a Parca quixo que Eduardo Ventura Raimúndez Ferrer emprendese o pasado 17 de decembro esa viaxe da que nunca se volve.
Eduardo era unha persoa comprometida coa sociedade, ao igual que a súa irmá Loisa, falecida hai uns anos. Ambos participaron activamente na Transición, unha desde AN-PG e outro desde as Juventudes Socialistas. Eduardo Raimúndez, como era normalmente coñecido, exerceu de fotógrafo e deseñador gráfico.
Foi un dos participantes na exposición de “22 novos fotógrafos ourensáns” que se celebrou en 1985 na Casa da Xuventude cando esta entidade era un motor da vida cultural da cidade. Un ano antes colgara as súas obras no Ateneo e deseñara tamén o decorado onde se desenvolvía a obra teatral “Pedro e o capitán”, de Mario Benedetti, do grupo Rúa Viva, interpretada por Manolo Vidal e Abelardo Pérez Gabriel.
De caste víñalle a Eduardo esta afección xa que o seu pai, de igual nome, delineante con varios arquitectos da cidade, foi responsable do deseño de varias escenografías teatrais para grupos da súa época e dos decorados do “Festival do Miño - Canción do Mundo Celta” tanto no Xardín do Posío como no Pavillón de Deportes.
Nos últimos anos, dedicoulle moitas horas á investigación sobre a súa diversa e esparexida familia. A seu avó, Benigno Raimúndez, famoso xastre galeguista e con fillos de tres mulleres, que desenvolveu a súa actividade entre os anos vinte e sesenta do século pasado.
Seu tío Alexandre Manuel Raimúndez Fernández, locutor da BBC e responsable dos seus programas galegos, entre 1947 e 1956 que viviu desde a guerra en Inglaterra onde morreu. Outras ramas familiares espalláronse por Madrid e Santander e Eduardo recuperara hai pouco contacto, se cadra consciente de ser o derradeiro dunha saga en Ourense.
Lembramos nesta triste ocasión, a súa participación na homenaxe que no 2022 se fixo no Liceo ao “Galician Programme” da BBC, no que xunto con Eduardo estivemos na mesa os que asinamos estas letras.
Os seus restos descansan no cemiterio do Reino, Piñor, terra da súa viúva Dolores a quen lle enviamos unha aperta, como a toda a súa familia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 26 de marzo
REDES SOCIALES BAJO JUICIO
Meta y YouTube condenadas a pagar 3 millones de dólares por dañar la salud mental de una usuaria
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior