ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de noviembre
Premios Mestre Mateo
A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer esta mañá as obras e artistas nomeados para edición número XIX dos Premios Mestre Mateo que cada ano revisan a produción audiovisual galega.
‘Cinephilia’, o programa semanal dedicado ao cinema, producido por Noveolas Producciones e Telemiño, e conducido por Simone Saibene é un dos catro finalistas entre os 25 programas candidatos.
Telemiño empezou emitindo o programa dende finais de setembro do ano 2019. Dende entón, Cinephila emitiuse todos os mércores ás 22h, sen ningunha interrupción, tampouco durante o confinamento, levando xa un total de 77 programas. Cada programa, ten unha duración de 25 minutos.
Simone Saibene tamén está nomeado a mellor comunicador de televisión xunto con Alba Mancebo, Roberto Vilar e Rodrigo Vázquez.
Simone Saibene mostrou a súa alegría en recibir a noticia da doble nominación: “Alégrome moitisimo, sobre todo porque non me esperaba de figurar entre os nominados deste ano e aínda máis competindo de forma modesta con programas e caras moi coñecidas da Televisión Pública. Agradezo os/as académicos/as pola confianza, e por suposto á Telemiño e ao equipo que comparte esta aventura conmigo dende setembro 2019”.
Os gañadores daranse a coñecer na tradicional Gala de entrega de premios que se celebrará no Teatro Colón da Coruña o vindeiro sábado 10 de abril, e será retransmitida pola Televisión de Galicia. Este ano a gala será dirixida polo ourensán Tito Asorey.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 12 de noviembre
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: miércoles, 11 de noviembre
"ARTÍCULO DEL MES"
Un robot al servicio de las personas mayores en el hogar
IGUALDAD DE GÉNERO
La Fegamp alerta del negacionismo machista entre los jóvenes gallegos
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy jueves, 12 de noviembre
TESTIMONIO DEL VIGILANTE
A juicio por robar un lápiz de ojos de 3,5 euros en un supermercado de Ourense