MÚSICA

A Ribeira Sacra terá un himno feito por María do Ceo

María do Ceo, nun dos miradores da Ribeira Sacra.
photo_camera María do Ceo, nun dos miradores da Ribeira Sacra.
A artista quere que a xente identifique a obra, que sairá en redes e na plataforma Spotify, con este espazo da provincia e da comunidade

María do Ceo compuxo durante os meses de verán un himno á Ribeira Sacra. A "raíña galega do fado" quere que este espazo da provincia e da comunidade identificada pola súa paisaxe, polos seus monumentos e polos seus viños quere que tamén sexa identifique co seu himno. 

Para a artista, a Ribeira Sacra é "algo tan grande que ten que ter un himno". Por ese motivo, durante o verán pechóuse no estudo de gravación para realizar un tema no que a letra foi ideada por Armando González e no que enumera con "moito sentimento" o máis significativo deste espazo único. 

A música composta por María do Ceo está reforzada con instrumentos como o piano, o violín, o violoncelo, a guitarra portuguesa ou un coro de voces que lle "dan forza". Para a artista esta bra representa os concellos, os monumentos, a cultura e a historia da Ribeira Sacra. 

A canción estará en pouco tempo nas redes sociais e en Spotify. A maiores, esta proposta musical contará cun videoclip. 

Te puede interesar