650.000 euros para obras no paseo do río Fiscaíño
A localidade de A Pobra de Trives verá mellorada a súa infraestrutura fluvial grazas á ampliación da senda do río Fiscaíño, un proxecto financiado en colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS).
A Pobra de Trives verá ampliada e mellorada a futura senda fluvial do río Fiscaíño grazas a unha adenda ao convenio inicial entre o Concello e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). O acordo, que modifica o documento asinado en outubro de 2023, responde, segundo sinalan desde o concello, ás dificultades topográficas detectadas no proxecto inicial, aumentando a lonxitude do camiño de 1.165 a 1.643 metros e incorporando pavimentos máis resistentes para facer fronte ás crecidas do río. Con estas melloras engadidas, o orzamento previsto pasa de 195.000 euros a 650.000 euros, coas obras programadas para finalizar en 2026.
A financiación divídese entre a CHMS, que achegará o 80 por cento do orzamento, arredor de 520.000 euros, e o Concello, que cubrirá o 20 por cento restante, que ascende a uns 130.000 euros.
O cronograma sinalado para dita obra establece investimentos de 18.137,90 euros en 2024, 176.862,10 euros en 2025 e 455.000 euros en 2026, data na que deberán estar finalizadas as obras de tida senda fluvial na localidade.
Esta iniciativa busca mellorar as infraestruturas locais, ofrecendo un espazo máis accesible e sostible para veciños e visitantes, fortalecendo así, segundo suliñan desde o consistorio, o compromiso coa conservación do medio natural e o desenvolvemento turístico da zona.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
DO 9 AO 12 DE ABRIL
Convivencia do ecosistema emprendedor galego en Manzaneda e San Xoán de Río
PRIMERA VEZ EN MÁS DE 100 AÑOS
Reservas en Trives y Valdeorras con un año de antelación para ver el eclipse del 12 de agosto
Lo último