"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
ENTROIDO DE VERÁN
Este sábado celebrouse a segunda xornada do Entroido de Verán en Pobra de Trives, organizado pola Asociación Caniceira, que se prolonga desde o pasado venres e ata o día de hoxe.
O mercado de artesáns abría ás 11,00 horas, con trinta postos ofrecendo unha amplia variedade de produtos, tamén de alimentación.
A mañá foi calorosa, o que propiciou que as rúas se enchesen de xente disfrutando da feira.
A partir das 13,00 horas, as Macizas Centrais percorreron os bares da vila coa súa música ofrendo unha animada sesión vermú e xa pola tarde, a partir das 18,00 horas, a Finca da Barreira convertiuse no campo para o xogo da billarda.
Despois dunha disputada competición, a programación deste Entroido de Verán de Pobra de Trives continuaba pola noite, ás 23, 30 horas, na Praza do Reloxo, coa actuación de En Mala Hora, rematando a xornada do sábado co DJ Sedinho, na mesma praza e ata a madrugada deste domingo.
No día da clausura, o mercado artesanal abrirá ás 11,00 horas, continuando a media mañá o grupo de teatro de A Caniceira que ofrecerá un contacontos para os máis pequenos pero tamén dirixido aos adultos.
Ás 13,00 horas segue a programación coa actuación musical da Banda de Gaitas Os Trintas, que animará a sesión vermú.
Finalmente, xa para rematar a festa, ás 18,00 horas, terá lugar o gran desfile de folións, que porá o broche de ouro a esta 14ª edición do Entroido de Verán trivés, cerrando un fin de semana repleto de tradición, música e diversión.
Trives goza así dun dos eventos máis esperados do verán, que ao longo destes tres días ofrece diversas actividades como os cantos de taberna, actuacións musicais, un mercado artesanal e variadas actuacións musicais, culminando a festa co espectacular desfile de folións.
O Entroido de Verán xa cumpriu os 14 anos desde a súa primeira edición e continuará con exitosas edicións sucesivas, conxugando a tradición do Entroido de Pobra de Trives e a festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
"PECADOS CAPITAIS"
Un teatro local cheo de talento fixo vibrar Trives
AUDITORIO JULIO VÁZQUEZ
Galería | Éxito rotundo en Trives con el estreno teatral de "Pecados capitais" de A Caniceira
MANUEL BERMÚDEZ COUSO
La percusión tradicional entra en las aulas trivesas
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
DIÁLOGO ENTRE ADMINISTRACIÓN Y SINDICATOS
El plan de la Xunta para reducir las bajas laborales estará listo la primera quincena de julio
SIN CARNET, ITV NI SEGURO
Detienen a la conductora que se dio a la fuga tras arrastrar un agente en Verín