A Xunta propón un aumento de persoal nos GES da provincia

A Xunta proporá este mércores na Comisión de Seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal -GES- aumentar o persoal para que tódo eles teñan 12 efectivos, o que suporía contar con 48 persoas máis para distribuír entre os grupos de toda Galicia que no seu momento foron concibidos como SubGES con 6, 9 ou 10 membros. 

ESTA MEDIDA APLICARÍASE NOS DE LOBIOS, MUÍÑOS, LAZA, RIBADAVIA E AVIÓN, QUE PASARÁN A TER 12 EFECTIVOS

Esta medida aplicaríase no GES de Lobios, que conta con 10 integrantes; Muíños, con 9; Laza, con 6; Ribadavia, con 10, e Avión, con 9. Ademais destes, tamén verían incrementada a plantilla outros cinco en Galicia. 

Outra das propostas está relacionada co aumento do custo dos catro servizos municipais de emerxencias en Galicia -Ponteareas e Sanxenxo na provincia de Pontevedra xunto co de Terras de Celanova, en Ourense, e o creado este ano no concello coruñés de Noia-para equiparalo ao dos GES-. Ademais, prevese actualizar os custos salariais dos efectivos co obxectivo de adaptalos ao custo real dos GES na actualidade, tendo en conta o aumento desde que asinou o primeiro convenio entre a Xunta, as deputacións e os concellos en 2013. Deste xeito, tendo en conta que a Xunta financia máis da metade do custo dos GES, suporá un incremento de máis de 1,5 millóns de euros anuais na aportación por parte do Goberno galego que podería financiarse a través do Fondo de Cooperación aumentando a partida adicada aos servizos de emerxencia.

Te puede interesar