EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Aos graos de Relacións Internacionais e Intelixencia Artificial xa só lles queda un derradeiro paso para ser unha realidade o vindeiro curso no Campus de Ourense da UVigo: a ratificación por parte do Ministerio de Universidades. E é que onte, fontes da UVigo aseguraban que recibiran o informe de avaliación final de ámbolos dous graos con só unha recomendación. As mesmas fontes explican que, tendo este informe favorable, esta decisión do ministerio é “moi probable” que sexa aceptado. Con isto, tanto Relacións Internacionais como Intelixencia Artificial “chegarán a tempo para poder ser cursadas no Campus de Ourense a partires do vindeiro mes de setembro”.
Este considerable paso adiante é posible grazas á relaxación dos trámites impulsada polo Goberno, xa que agora, Universidades permitirá que os estudos autorizados e verificados antes do 15 de setembro pola comunidade poidan impartirse, un requisito que cumplen estas dúas novas titulacións que pretenden instalarse no Campus de Ourense. Esta verificación da que se fala é a que acadaron onte, cando a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug) se pronunciou, de xeito inicial, favorable a esta implantación. Dende a UVigo insisten que é “probable” que ambas titulacións se impartan no Campus, xa que é o usual que o Consello de Universidades se pronuncie no mesmo sentido que a axencia para a calidade universitaria.
O conxunto das universidades galegas pretenden estrear o próximo curso cinco novos graos. Destes, tanto o de Relacións Internacionais coma o de Intelixencia Artificial dependerán de varias institucións. No primeiro caso, serán a UVigo e a Universidade da Coruña as que compartan as competencias. No caso de Intelixencia Artificial, unha das titulacións máis disputadas polos campus, as plazas repartiranse entre as tres universidades galegas.
Con todo, esta última reforma do proceso da validación de graos universitarios complica precisamente esta fase de verificación -aínda que este ano dependan só da aprobación autonómica- o que fixo que a Xunta denunciouse que será máis complicado sacar adiante novas titulacións e mesmo que se pon en risco que cheguen para o inicio do curso en setembro.
O organismo autonómico avisaba en marzo de que esta reforma facía peligrar ata unha ducia de titulacións para o curso 2022-23, indicando que o cambio das normas pillara por sorpresa aos campus galegos e que sería fundamental flexibilizar estas novas esixencias para favorecer a chegada destes novos graos. Así, o Goberno deixou en mans da Consellería de Educación a decisión final.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
UNO MENOS QUE EN 2022
Ourense se acerca a su récord de colisiones provocadas por animales
CULTURA EN EL RURAL
La Red Provincial de Auditorios de Ourense alcanza los 7.500 espectadores
Lo último