Augal despide a quinta edición con tres Goya sobre a mesa

photo_camera Ángel de la Cruz protagonizou a última sesión desta máster class.

O produtor e guionista Ángel de la Cruz pechou esta máster class cun coloquio sobre animación

Se no mes de novembro a quinta edición da Máster Class Audiovisual Galego (Augal) botaba a andar cun filme que poucas horas antes viña de ser proclamado como candidato a oito premios Goya, El Desconocido, de Dani de la Torre, os galardóns que outorga a Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España tamén estiveron moi presentes na despedida deste ciclo coordinado polos profesores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación Miguel Anxo Fernández e Anna Amorós, co patrocinio da Agadic. De feito, os tres Goya acadados por Ángel de la Cruz presidiron a mesa desde a que este produtor, guionista e director realizou un percorrido pola historia da animación e a situación na que se atopa actualmente unha industria na que, salientou, Galicia chegou a ser “unha potencia”.

O pasado, presente e futuro da animación foron o eixo do Foro Augal, co que esta máster class dirixida a achegar ao alumnado á realidade do audiovisual galego celebrou este pasado martes a súa clausura, completada tras este coloquio coa entrega de diplomas aos preto de 100 alumnos e alumnas matriculados, nun acto no que De la Cruz e Fernández estiveron acompañados polo vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, o director da Agadic, Jacobo Sutil, e o vicedecano Xabier Martínez Rolán. n

Te puede interesar
Más en Universitas