Iacobus, o Camiño da mobilidade interuniversitaria na Eurorrexión
UNIVERSITAS
O programa para PDI e PAS de universidades e politécnicos lanza a súa 3ª convocatoria, nas dúas anteriores preto de 240 persoas beneficiáronse deste proxecto
José Manuel Leao, Alexandre Matos da Rocha e Iria Vázquez, son tres exemplos de docente, persoal de administración e servizos e persoal investigador de universidades galegas e do norte de Portugal que tiveron ocasión de tomar parte no programa de cooperación interuniversitaria Iacobus, unha iniciativa pioneira en Europa, que arrancou o ano pasado na Eurorrexión co financiamento do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, POCTEC.
Leao, Da Rocha e Vázquez deixaron constancia, no acto de presentación da terceira edición do programa de intercambio, da súa experiencia noutras universidades e centros de investigación de Galicia e do Norte de Portugal, nos que durante varias semanas desenvolveron os proxectos cos que concorreron á anterior edición de Iacobus. Como eles, preto de 240 docentes, investigadores e investigadoras e persoal de administración e servizos das tres universidades galegas; as portuguesas de Porto, Minho, Tràs-os-Montes e Alto Douro e Católica Portuguesa e os institutos politécnicos do Porto, Bragança, Viana do Castelo e do Cávado e do Ave, participaron nas dúas primeiras convocatorias do programa destinado ao fomento da cooperación académica no espazo universitario luso-galaico, apostando polo desenvolvemento de proxectos formativos e de investigación científica comúns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
"SENDEIROS AZUIS"
La Feria Termatalia 2026 regresará a Ourense
MANTENER VIVA LA TRADICIÓN
Antes de que la música de las chocas se apague en la montaña de Manzaneda
RESUENAN LAS CORNAS
Galería | Los pastores que mantienen viva la tradición en Manzaneda
GEMMA ESCALONA
El Hospital de Verín recupera los tratamientos a domicilio