UNIVERSITAS

Tres novas especies de hidrozoos descritas para a ciencia

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
photo_camera O investigador vigués Fran Ramil no laboratorio dun barco durante unha campaña.

Plumularia bathyalis, Plumularia contraria e Plumularia pseudocontraria. Estes son os nomes das tres novas especies de hidrozoos descritas polo Grupo de Fauna mariña de augas profundas

Plumularia bathyalis, Plumularia contraria e Plumularia pseudocontraria. Estes son os nomes das tres novas especies de hidrozoos descritas polo Grupo de Fauna mariña de augas profundas do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, no marco dun traballo de colaboración co Muséum National d´Historie Naturelle de París e co Naturalis Biodiversity Center de Leiden, Holanda, para o estudo da fauna do Pacífico Occidental, máis concretamente na rexión de Nova Caledonia e mares próximos. “As tres especies”, que foron recollidas en campañas desenvolvidas na década de 1980 en Nova Caledonia e Filipinas, “son colonias de pólipos que semellan plumas, de aí vén o nome da familia: Plumulariidae e tamén do xénero: Plumularia e pertencen ao filo dos Cnidarios, no que tamén están as medusas, corais e anémonas”, explica o investigador e docente Fran Ramil.

Mentres a Plumularia bathyalis e a Plumularia contraria foron recollidas en Nova Caledonía en 1987 e 1985, respectivamente, a Plumularia pseudocontraria procede de augas de Filipinas, onde foi atopada en 1985. É agora, case tres década despois de seren localizadas, cando estas tres especies foron descritas para a ciencia, o pasado 26 de decembro en Zoosystema, a revista do Museo de Historia Natural de País.n

Te puede interesar
Más en Universitas