Xuristas avogan por reconstituír o pacto que asinaron Suárez e Tarradellas

grupo_result
photo_camera Foto de familia dos organizadores con parte dos participantes.

Aprender do pasado para conseguir avanzar no presente. Expertos xuristas avogaron este martes na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo por reconstituír o pacto que no seu día asinaron o presidente Adolfo Suárez e Josep Tarradellas, presidente republicano da Generalitat de Catalunya, para conseguir superar a actual situación de bloqueo. Consciente de que a realidade de hoxe é completamente distinta a de finais dos 70, Tomás Font i Llovet, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Barcelona e experto en organización territorial do Estado, defendeu que, “pese a todo, estamos a tempo de solucionar o conflito, só fai falla aceptar no diagnóstico, no tratamento e que as forzas políticas se convenzan de que ese tratamento é o adecuado” e, para isto, a clave sería ao seu modo de ver a reconstitución e actualización dos acordos acadados por Suárez e Tarradellas, acordos nos que houbo bilateralidade, singularidade e recoñecemento histórico de Catalunya.

“Eu penso que o importante é facer un diagnóstico correcto de por que se chegou á situación actual e a partir de aí darlle o tratamento axeitado”, subliñou o catedrático, para quen o diagnóstico pasa, precisamente, polo pacto Tarradellas Suárez “que debeu manterse pero que co desenvolvemento do estado autonómico se foi diluíndo no seu contido, funcionalidade… e que, chegados a este punto, habería que reconstituír”.

Trataríase, segundo defendeu, de recoñecer unha personalidade política singular a Cataluña, establecendo así unha relación bilateral coa estrutura xeral do Estado e, dentro desa relación, mantendo un contido competencial específico “que encontre unha expresión desa singularidade e desa posición específica na propia Constitución”, recalcou Font i Llovet, quen insistiu en que “resolver a cuestión catalá é difícil se non se fai un bo diagnóstico das causas da situación actual”. 

Tomás Font i LLovet, foi un dos participantes da quenda matinal da xornada Constitución, organización territorial e financiamento autonómico no contexto político actual, organizada polo decanato da facultade baixo a dirección da decana, Ana María Pita Grandal, e a coordinación do vicedecano, Jaime Aneiros.n

Te puede interesar
Más en Universitas