CLÚSTER DE GALICIA
La meteorología aminora la caída de ventas de la pizarra en Valdeorras
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, entrevistouse esta semana co alcalde de A Veiga, Juan Anta Rodríguez, para seguir avanzando na mellora dos centros e programas de servizos sociais que a Xunta de Galicia ten neste concello. Fabiola García trasladou ao primeiro edil que a atención aos maiores e o apoio ás familias continúan sendo dous dos eixes fundamentais dos orzamentos da Consellería para o vindeiro ano 2024, que ascenden á cifra récord de 1.205 millóns de euros, un 12% máis con respecto aos actuais.
A conselleira apuntou que este incremento permitirá consolidar todo o que ten avanzado Galicia nestes anos nos coidados aos maiores e aos máis pequenos. Así, daranse os primeiros pasos cara á universalización dos coidados das persoas con dependencia coa posta en marcha do bono coidado no fogar e un complemento ao bono residencia. “Ademais, a nosa comunidade continuará sendo unha referencia na posta en marcha de recursos de conciliación en pequenos concellos como A Veiga que conta con dúas casas niño”, sinalan dende a Consellería.
A Veiga conta cunha casa do maior, así como con programas como o Xantar na casa, para levar menús semanais aos fogares das persoas maiores que viven soas; e o apoio orzamentario para levar coidados ás casas das persoas maiores deste municipio en situación de dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CLÚSTER DE GALICIA
La meteorología aminora la caída de ventas de la pizarra en Valdeorras
ACTIVIDADES SUSPENDIDAS
Nivel rojo en Valdeorras: la Xunta activa en la comarca la máxima alerta por calor
INFRAESTRUCTURAS CLAVE
Alarma empresarial en Valdeorras por los plazos de las obras de la A-76
Lo último
REVISIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS
La vecina que ganó al Concello de Ourense exige el cierre de los garajes de San Antonio
HISTÓRICO ASCENSO
El Antela sigue de fiesta tras el ascenso a Tercera Federación
Juan M. Casares
CASTELLUM HONESTI
A noite da tradición