Extinguido el incendio de Lardeira

A Consellería do Medio Rural e do Mar informou da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, na parroquia de Lardeira.

O lume iniciouse o martes ás 22.40 horas e quedou extinguido ás 21.09 horas da noite de onte. Segundo estimacións provisionais, que se confirmarán tralo parametrizado, a superficie afectada é de 58 hectáreas de monte raso. Na extinción deste lume traballaron 1 técnico, 5 axentes forestais, 14 brigadas, 7 motobombas e 1 pa. Entre os medios que traballaron na extinción deste lume atópanse os municipais, autonómicos e estatais, coordinados baixo o mando único da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Tamén a conta de twitter @incendios085 dedicada exclusivamente a ir actualizando a información sobre incendios.

Te puede interesar