Coordinador de Compromiso por Galicia

“Imos intentar manter a unidade de acción que acordamos cando rebentou o BNG'

Íñigo Ansotegui.
A dimisión de Xoaquín Pérez como concelleiro de A Rúa deixou a Íñigo Ansotegui, segundo en la candidatura municipal del BNG y actualmente secretario comarcal de Compromiso por Galicia como o seu máis que posible sucesor. Non obstante, supedita a súa entrada á Corporación a decisión dos nacionalistas rueses.
Será concelleiro?
Como número dous entendo que teño que estar disponible, pero a decisión non a vou tomar eu exclusivamente, aínda que me corresponde. Imos intentar manter a unidade de acción. En A Rúa, cando o BNG rebentou, decidimos continuar con ela. Eu expresei o meu compromiso e o de CxG de mantela, pero de momento non hai ningunha decisión. Anque, se eu non son aceptado por formar parte dunha corrente, esixirei o mesmo trato para os demais e haberá que buscar unha persoa que non forme parte de ningún colectivo.

Por que deixou o BNG?
Por razóns ideolóxicas. Se Beiras mantivo posicións políticas idénticas nas eleccións, a xente de CxG marchamos do BNG ao convertirse nun partido comunista independentista. Nós defendemos unha visión máis integradora do galeguismo e unhas posicións socialdemócratas.

Como ve o goberno de A Rúa?
Vexo cousas absurdas, como os gastos fastuosos nas festas. Logo está o prometer o arranxo de infraestructuras e só se fan apaños. Tamén, certas prácticas nepóticas do PP de Ourense, coas que queremos acabar.

Te puede interesar