Melloras na rede de distribución do gas en Allariz, A Rúa e O Barco

A Consellería de Economía e Industria asinará un convenio con Repsol Butano e Gas e Medio Ambiente Enerxéticas que permitirá mobilizar investimentos para mellorar as infraestruturas das redes de distribución de gas propano en A Rúa, Allariz e O Barco. Estas obras están recollidas nun proxecto que abarca a un total de 15 concellos en Galicia, que precisará un investimento de tres millóns de euros e co que se pretende influír nas condicións de vida de 100.000 habitantes de toda a comunidade.
O obxectivo estratéxico, dentro do marco de planificación enerxética, é a creación dunha infraestrutura de transporte e distribución de gas que actúe como factor de competitividade para o seu tecido empresarial e de incremento da calidade de vida dos galegos. Para acadar este obxectivo prioritario, cómpre garantir a subministración de gas canalizado, neste caso GLP, ao maior número posible de núcleos de poboación de Galicia, e por este motivo, o departamento que dirixe Javier Guerra establece subvencións de até o 30% do investimento coa finalidade de que as dúas empresas coas que se asina o convenio poidan iniciar a construción das infraestruturas gasistas necesarias para a subministración de GLP canalizado.


o decreto

Esta actuación da Consellería de Economía e Industria súmase ao decreto elaborado recentemente polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural.

Te puede interesar