Teatro, cine e poesía nas “Letras Galegas 2021” de O Barco

O programa arrancará no Teatro Lauro Olmo con “Estrela do Día”, de Produccións Teatrais Excéntricas.

O Teatro Lauro Olmo e a Praza de Andrés de Prada son os escenarios elexidos pola Concellería de Educación e Cultura barquense para desenvolver o programa das “Letras Galegas 2021”, que este ano ten a Xela Arias (1962-2003) como protagonista. Teatro, títeres, poesía e cine en galego centrarán a programación do mes de maio. Cinco espectáculos e outras tantas películas acaparan a atención destes días.

O programa arrancará no Teatro Lauro Olmo con “Estrela do Día”, de Produccións Teatrais Excéntricas. Creada por Quico Cadaval, a dirección da peza é de Marcos Carballido. Será o 14 de maio. O 17, a Praza de Andrés de Prada acollerá a actriz Atenea García (Xarope Tulú) nun recorrido pola obra de Xela Arias en “De Ti e Mailo Mundo que Apañes". Dous días despois, ese mesmo escenario será ocupado por Avelino González con “A Todo Risco”, basada en Vicente Risco e a Xeración Nós. Sarabela Teatro levará ”A Lingua das Bolboretas”, ao Lauro Olmo, o 28. Baseada no libro de Manuel Rivas, ten a Gonçalo Guerrreiro na dirección.

O Teatro Lauro Olmo tamén foi elexicdo para as proxeccións de cine en galego. O programa inclúe “Longa Noite”, de Eloy Enciso (días 6 e 9); “Cuñados”, de Toño López (13, 15, 16 e 17); “A Galiña Turuleca”, de Eduardo Gondelle  Victor Monigote (15, 16 e 17); “Nación”, de Margarita Ledo (20 e 23); e “Olvido e León”, de Bermúdez (27 e 30).

Te puede interesar