Vilariño de Conso clausura tras 20 anos o seu vertedoiro

Concello de Vilariño de Conso
O Consello da Xunta autorizou onte un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Vilariño de Conso para levar a cabo a selado e posterior clausura do vertedoiro de residuos sólidos situado en Monte de Veiga Camba.
As previsións é iniciar a licitación destes traballos no mes de abril para comezar as obras no cuarto trimestre deste mesmo ano, de xeito que nun período de tres meses quede selado, segundo Medio Ambiente.

O vertedoiro de residuos urbanos do Concello de Vilariño de Conso ocupan 4.500 metros cadrados, atópanse a 9 quilómetros ao sur do núcleo urbano e dividen dous polígonos na zona. Situado preto do Embalse das Portas, estivo en funcionamento arredor de 20 anos e chegou a almacenar 5.849 toneladas de residuos. O tipo de residuos encontrados teñen que ver con cinzas, polo que se deduce a queima das verteduras depositadas alí. Noutros estratos onde se analizou o tipo de material depositado atopáronse restos de material orgánico e residuos de pneumáticos. O lixo depositado atópase tapado.

As fases da obra
vAs obras teñen como obxectivo selar os terreos onde se sitúa o vertedoiro de maneira que o resultado final quede integrado na contorna. O primeiro paso será acondicionar os terreos remodelando a súa morfoloxía co fin de homoxeneizar e suavizar as pendentes. O seguinte será trasladar os residuos a un depósito provisional no punto máis baixo do terreo, e proceder no seu tratamento. Finalmente, o terceiro paso será selar os terreos coa extensión de distintas capas dungrosor total de 80 centímetros. Estas capas terán por finalidade impedir a filtración da auga.

Te puede interesar