O PSOE de Viana do Bolo insta ó BNG a negociar unha posible moción de censura

PARA BOTAR AO PP

Os socialistas consideran que as urnas falaron “alto e claro” para facilitar un goberno de “coalición e progreso” en Viana do Bolo, pero tal e como apuntan, “a falla de diálogo e consenso dos nacionalistas impediuno ata o día de hoxe”.

Concello de Viana do Bolo.
Concello de Viana do Bolo.

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo insta ao BNG local a sentarse a negociar un goberno de coalición “para rematar co desgoberno que vive o municipio da man do Partido Popular”.

Os socialistas consideran que as urnas falaron “alto e claro” para facilitar un goberno de “coalición e progreso” no municipio, pero tal e como apuntan, “a falla de diálogo e consenso dos nacionalistas impediuno ata o día de hoxe”.

O PSOE aproveitou a última sesión plenaria para manifestar esta situación, argumentando que “gracias aos votos da veciñanza, que non foron en balde, tivemos a oportunidade de manter ata tres reunións recentemente co grupo municipal do BNG, nas que propuxemos a creación dun goberno de coalición, co reparto das diferentes concellerías e cunha alcaldía rotatoria”. Neste senso tamén destacan que “en dúas lexislaturas anteriores facilitámoslle o acceso á alcaldía sen recibir nada a cambio, pero consideramos que neste mandato estamos en igualdade de condicións con 3 concelleiros cada formación, polo que o normal sería un reparto de áreas e da alcaldía”.

O voceiro do BNG, Secundino Fernández, sinala que “os que non quixeron chegar a un acordo foron os socialistas, que decidiron vetar a miña persoa no ano 2023”. Fernández declara que o PSOE comentou isto na sesión plenaria pero non tiveron un contacto directo con grupo local do BNG para levar a cabo esta posible negociación. Ademais, engade estar en acordo con que “a xestión do goberno actual é caótica”.

Contenido patrocinado

stats