Rafa e Miriam poñen a proba os coñecementos musicais en “Hit List” na TVG

BASADO EN EL SHOW DE LA BBC

“Hit List Galicia” é un programa que, cada semana, propón un reto musical a tres parellas de concursantes que terán que adiviñar o título e o intérprete de recoñecidas cancións do panorama nacional e internacional con tan só escoitar uns segundos. Esta coproducción de La Región e Topanga Crea para a TVG está baseado no popular show de la BBC británica Hit List, e emítese cada martes ás 22,30 na canle autonómica. Os seus presentadores Rafa Durán e Miriam Rodríguez, dannos as claves do programa.

Publicado: 12 ene 2025 - 08:00 Actualizado: 12 ene 2025 - 08:30
Rafa Durán e Miriam Rodríguez
Rafa Durán e Miriam Rodríguez

Cóntennos, en que consiste “Hit List Galicia”?

Miriam: Os concursantes ten que adiviñar o título e o intérprete das distintas cancións que van soando.

Rafa: Son temas de diferentes épocas e tamén de diferentes listas de éxitos. Eso si, todas e cada unha das cancións son temas moi célebres que se mantiveron ao longo do tempo e foron e son cantadas por todos.

Un formato que está tendo éxito, así como xa o tivo na súa orixe.

Miriam: É un programa basado no popular show da BBC británica onde acumula sete tempadas cunha gran proxección a nivel internacional que fai que sexa un dos espectáculos musicais máis exitosos nas televisións de todo o mundo.

Rafa: Agardamos que en Galicia triunfe tanto como o fixo xa en países como Finlandia, Países Baixos ou Francia, e tamén en España, en Canaria. Agora agardamos que a nosa xente se atreva a concursar e poña a proba os seus coñecementos musicais.

Se eu quixese concursar, que tería que facer?

Rafa: O primeiro, coñecer moito e ben o panorama musical de todos os tempos. Todos sabemos temas que logo, á hora de decir quen os canta ou o titular é aí cando nos chega o bloqueo. E imaxina xa nun plató, frente as cámaras e con outros concursantes. Non é o mesmo que xogar desde a casa. O casting é bastante exhaustivo para ademais de ter eses coñecementos, ser persoas dinámicas e activas. Pero non é imposible! Así que en caso de dúbida, animádevos!

Miriam: Nós vemos xente, en xeral, moi divertida que nos fai pasar grandes momentos. A partir de aí: xente moi concentrada para poder acadar o premio, parellas que traen os deberes feitos e ten todo moi ben estudiado ou aqueles, que con todos os coñecementos que teñen, só queren pasar unha experiencia diferente, divertida e desfrutar do momento.

Un momento do concurso.
Un momento do concurso.

Eso da timidez…

Rafa: Os concursantes tamén teñen que crear certo show. É un programa con moito ritmo, moi rápido, e todas as parellas teñen que sumar para lograr un bo programa na que se eles o pasan ben, o público tamén o vai desfrutar.

Miriam: Pero se es tímido tampouco te tes que preocupar, seguro que no momento estás tan cómodo que te acabas deixando levar pola música e sorpréndeste a ti mesmo.

Persoalmente, animaríanse a participar?

Rafa: Eu, nin de coña! (risas) De verdade. Non acerto nada. Todo me soa, pero á hora da verdade ando perdido de todo!

Miriam: Participar, podería participar… agora que adiviñalas xa non sei se moito… (risas). É que é ben difícil!

Agora que tanto se fala da música actual e a súa permanencia no tempo, hai temas que levan sobrevivindo anos, como os que se presentan no concurso.

Rafa: Son todos temas que estiveron no número 1 das listas do mundo dos anos 70 ata a actualidade. Persoalmente, a partir do ano 2000 ou 2005 creo que hai moita música que estou desconectado, que non presto tanta atención. Falo en termos xerais!

Miriam: Para mín os 80 son clave. Creo que deses anos, non fallaría nin un tema.

Os concursantes, que lles din?

Rafa: Que o pasan moi ben. É frenénito. Ao xogar en parellas, crease un binomio que maloserá que entre uns ou outros non den co tema clave. Eso non quita que pensen que é difícil, pero nós somos moi bos! E tamén tentamos adaptar un chisco os temas aos concursantes que imos ter.

E o público?

Rafa: O que eu supoñía… (risas). Que é un programa moi moderno, rápido e de moita calidade. Algo que se agradece xa que nos últimos tempos a televisión, en xeral, foi perdendo pasando a formatos máis de rúa, rápidos… e ver un programa tan coidado, é un diamante. Persoalmente, na miña carreira, é un puntazo!

Miriam: O programa engancha porque é moi dinámico, con distintas probas para a toda a familia, e incentiva a xogar dende as casas. Sei en varias que teñen piques cada martes noite!

Non podemos obviar que hai premio.

Miriam: A parella finalista pode levar ata 6.000 euros. O que ven moi ben.

Máis alá do programa, en que andan metidos?

Rafa: Eu son presentador e dinamizador de eventos de diferente tipo en toda España para marcas, así que neste eido o que vai xurdindo. Tamén estou en “Noites de retranca” con Luis Zahera, Manquiña e Oswaldo Digon. E, con este último, tamén estou en xira con “Coaches de golpe”, un espectáculo cómico que da moito de si. E as redes sociais onde fago esas pequenas píldoras de humor que chegan a toda España. Teño que recoñecer que creo que iso é o que fai que cheguen a mín propostas máis de acorde a miña maneira de ser. E teño que recoñecer que para mín é a miña afección coa que o paso moi ben e por eso trascende.

Miriam: Neste intre estou preparando o concerto máis importante da miña carreira. O día 31 de xaneiro nas Ventas en Madrid. A partir de aí comezamos a seguinte fase da xira de seguir compoñendo nova música. Con ganas de todo o que veña.

Recén estreado o 2025, cales son os seus propósitos?

Rafa: Non teño… a mín gústame improvisar. Nunca fago plans a longo prazo. Gústame vivir o momento e o futuro non me preocupa en exceso e vaime ben así. O meu traballo sempre é unha incógnita e prefiro vivir deste modo.

Miriam: Ter unha boa rutina diaria, traballar moito e mellorar todo o posible.

Contenido patrocinado

stats