WHATSAPP Ó DIRECTOR

Cine e saúde

Cine e Saúde é un programa dirixido a mocidade de 11 a 20 anos, alumnos de ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos e utiliza o cine como ferramenta para que interactúen

Máis de 720 escolares e docentes dos centros educativos da cidade de Ourense asistiron onte á proxección da película “Mustang” (Francia, 2015), dirixida por Deniz Gamze, no Auditorio, organizada pola Concellería de Sanidade dentro do ciclo “Cine e Saúde”.

A familia, a muller, a tradición, a rixidez das normas e a liberdade de eleción son os temas centrais deste filme, que conta a historia de cinco irmás orfas vivaces, lideradas pola máis nova, Lale, de 13 anos, que medran nunha familia obsesionada coa tradición e a virtude das mozas. A súa loita pola liberdade é un pulso entre o pasado e o presente na Turquía actual.
Foron dúas sesións ás que asistiron 689 alumnos e 32 profesores (721 participantes en total). Os centro de ensino que participaron nesta actividade foron A Purísima, o IES Otero Pedrayo, o Divina Pastora, Valle Inclán, IES O Couto, Luis Vives, IES Otero Pedrayo, Mende, IES Blanco Amor e Hospital Piñor.

Cine e Saúde é un programa dirixido a mocidade de 11 a 20 anos, alumnos de ESO, Bacharelato ou Ciclos formativos. Utiliza o cine como ferramenta para que interactúen, fagan unha análise, reflexión crítica e debatan sobre temas tan dispares como o racismo, a sexualidade ou as relacións de familia.

Desenvolve unha metodoloxía de interacción, análise, debates, e reflexión crítica, apoiada na proxección de 6 películas elixidas pola súa calidade e temática, que van acompañadas dunha guía didáctica para profesorado e un caderno de actividades para alumnos.

O ciclo continuará en marzo con “A linguaxe do amor” (Laura Scrivano, Australia) e rematará en abril con “Desconexión” (Henry Alex Rubin, EEUU, 2012).

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante