Criaturas extraordinarias

Criaturas extraordinarias

drago_result
photo_camera "Dragóns e mazmorras", popular serie de televisión, de debuxos animados, emitida por primeira vez nos Estados Unidos en 1983.

Da realidade á literatura e curiosidades sobre a maxia do cine

Hai moitas lendas que falan sobre criaturas fantásticas, tan extraordinarias que seguramente pensaches que xamais existiron. Pero, moitas destas criaturas están baseadas en seres que viviron ou viven no planeta Terra, pero que co tempo foron engrandecidas a causa da imaxinación das persoas, que de xeito oral, transmitían contos fantásticos e lendas de xeración en xeración.


Símbolo dos soños


Podemos comezar polo unicornio, ese animal máxico por excelencia  que segundo as historias populares tiña poderes no seu corno. Así, o Señor das  Tebras da película "Legend"(1985), do gran director Ridley Scott,  envía ao bosque do seu reino máxico, a Blix,  un trasno  malvado para matar o unicornio e conseguir o preciado corno.

Pois hai dous animais reais nos que a xente puido inspirarse para crear este ser fantástico dos contos de fadas: un existiu hai miles de anos e outro existe actualmente. O primeiro é o unicornio siberiano xigante  (Elasmotherium Sibiricum). Parecido ao rinoceronte actual, era un rinoceronte asiático, que habitou hai 29.000 anos principalmente en Rusia e Asia Central.

Isto quere dicir que conviviu cos humanos durante varios milenios, pois os fósiles máis antigos da nosa especie en Siberia, datan de hai 45.000 anos .Estas criaturas podían medir ao redor de dous metros de alto por 4,5 m de longo. 

Por outra banda, outro animal que aínda existe é o unicornio marino. O seu nome real é narval (Monodon Monoceros), un cetáceo que habita no Ártico e no norte no océano Atlántico. Coñéceselle tamén coma unicornio marino porque os machos posúen un dente canino esquerdo, consitente nun cabeiro en espiral, semellante a un corno que pode chegar a medir 3 m de lonxitude.

Algunhas femias tamén teñen este cabeiro, mentres que hai machos que posúen dous, pero estes casos non son comúns. Os científicos aínda non saben con seguridade para qué serve este cabeiro. O último que se averiguou é que o utilizarían para aturdir aos peixes antes de comelos ou para atraer as femias, romper o xeo, defenderse ou ben coma un órgano sensorial de ecolocalización.


"Aquí Moran Dragón..."


Iso dicía nos mapas antigos da illa indonesia de Komodo, no sudeste asiático. E que se ves a película de Tom Reeve, "George e o dragón" (2004), podeste decatar de que os dragóns son unhas das criaturas míticas, máis queridas e temidas da historia, por iso en moitas lendas aparece esta magnífica besta. Menos mal que actualmente non existen criaturas xigantescas que cuspan lume, hoxe en día existe no noso planeta outro tipo de dragón. 

Trátase do dragón de Komodo (Varanus Komodoensis). É o lagarto máis grande do mundo, pois chega a medir entre 2 e 3 m, e pesar sobre 70 kg. Pode chegar a correr a 19 km/h. Este animal existe dende hai 5 millóns de anos. Os seus  ancestros son os dinosaurios, que viviron no período Triásico, hai máis de 200 millóns de anos. Son seres solitarios dende o nacemento, pois as nais abandoan as crías en canto eclosionan os ovos. Aparte diso, adícanse a tumbarse ao sol e cazar durante os 30 a 50 aos que soen vivir. A súa saliva é velenosa e impide a coagulación do sangue nas súas presas.


Os hobbits


Os hobbits foron popularizados polos libros de "O Hobbit" (1920) e "O Señor dos Aneis"(1954) do escritor británico J.R.R. Tolkien, recentemente adaptados ao cine en dúas premiadas triloxías(2001-2003) realizadas polo director Peter Jackson. Os hobbits son presentados como seres intelixentes semellantes aos humanos, pero moito máis pequenos e peludos.

Houbo unha especie de humanos que medían apenas 1m de alto e que vivían na illa de Flores, en Indonesia, hai uns 50 mil anos. Os científicos alcumáronos "hobbits" por razóns obvias, pero o seu nome oficial é Homo Floresiensis. Vivían en covas e coñecían o lume O máis misterioso respecto a eles é que desapareceron dun momento para outro. pénsase que a causa foi entrar en contacto co Homo Sapiens; conviviron moitos anos xuntos.


Direwolves, lobos gigantes


Estes seres fantásticos en realidade están baseados nun animal real que existiu na época do Pleistoceno, no periodo Cuaternario. Son parientes dos actuais lobos grises (Canis Lupus). Medían ao redor de 1,5 m de longo e pesaban sobre 90,7 kg. Habitaban en América do Norte, América do Sur e na pampa Arxentina. Alimentábanse de megafauna e pensase que desapareceron xunto coas súas presas hai 10 mil anos,polo cambio climático ou o contacto co ser humano. 


A Hidra, forever young


Escoitaches falar da Hidra de Lerna, un monstro mariño da mitoloxía grega?. Un ser despiadado que tiña forma de serpe e varias testas. Si se lle cortaba unha, dúas medraban no  seu lugar. A hidra (Hydra) existe de verdade… claro que non é coma o monstro grego. Son organismos hidrozóos hidroides que miden ao redor de 10 mm e habitan na agua doce. Son hermafroditas e depredadoras,pois cazan outras criaturas cos seus tentáculos urticantes.

Pero a característica máis chamativa para o mundo da ciencia  é  que teñen un asombroso poder de rexeneración nas súas células, pois se o seu corpo é cortado en diferentes partes, cada parte rexenerará unha cabeza e un pé novos. 

Con toda esta información, creo que podemos acompañar a Uni, o pequeno unicornio de "Dragóns e mazmorras" (serie americana de 1983) e gañar a Venger , o señor do mal que quere apoderarse do reino máxico.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante